Jorge García Anta e Fernando Eiroa Lorenzo, do estudio LCG Arquitectura, deseñarán o edificio para entidades sociais. Gañaron o concurso convocado polo Concello de Carballo e o Colexio de Arquitectos de Galicia.
Segundo o xurado, a proposta dos arquitectos integra a solución máis “atractiva, sustentable e cunha funcionalidade destacable”. O xurado, integrado por representantes do Concello, o COAG e a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, escolleu a proposta presentada por Jorge García Anta e Fernando Eiroa Lorenzo, do estudio coruñés LCG Arquitectura, por considerar que integra a solución máis “atractiva, sustentable e cunha funcionalidade destacable”.
En concreto, o xurado valorou de xeito especial a proposta para o centro de día, situado en planta baixa e con acceso directo desde a praza, así como a boa relación do edificio co espazo público. Outro aspecto positivo é que o deseño inclúe todos os usos previstos sen esgotar a edificabilidade e facilita, ademais, a execución do proxecto en dúas fases. O estudo gañador será o adxudicatario do contrato de servizos para a redacción do proxecto e a dirección de obra por un importe de 205.880 euros, dos cales recibirá a conta os 9.680 euros establecidos para o primeiro premio.
O segundo premio, cunha contía de 7.260 euros, foi para Tomás Montis Sastre (Palma de Mallorca); e o terceiro e o cuarto, dotados con 4.840 euros, corresponderon aos equipos formados por David Serrano Amatriain, Maier Vélez Olabarría (ambos de MID estudio de Pamplona) e como colaborador o arquitecto coruñés Roi Salgueiro Barrio, e a o equipo formado por Manuel Fernández Catalina e Jesús de los Ojos Moral, de Oa estudio de Valladolid, respectivamente.
ACTA DO XURADO
PRIMEIRO PREMIO
LEMA: X1R14. PANEL
AUTORÍA: JORGE GARCÍA ANTA E FERNANDO EIROA LORENZO.
COLABORADORAS: LAURA PENA CRISTÓBAL E MARÍA MILLÁN PÉREZ
SEGUNDO PREMIO
LEMA: MT007. PANEL
AUTORÍA: TOMÁS MONTIS SASTRE
COLABORADOR: MATÍAS MÁS LACASA
TERCEIRO PREMIO
LEMA: IN212. PANEL
AUTORÍA: DAVID SERRANO AMATRIAIN, MAIER VÉLEZ OLABARRÍA, ROI SALGUEIRO BARRIO
CUARTO PREMIO
LEMA: 00RU4. PANEL
AUTORÍA: MANUEL FERNÁNDEZ CATALINA, JESÚS DE LOS OJOS MORAL
COLABORADORA: NATALIA ÁLVAREZ ALONSO
En total presentáronse 37 ideas.






