Axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos en edificacións privadas

16 Xan 2026

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas, xestionadas por este instituto, e se establece a súa convocatoria para o ano 2026, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento MT402A).

No Diario Oficial de Galicia de 7 de xaneiro de 2026 se publica a Resolución do Instituto de Estudos do Territorio pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas, xestionadas por este instituto, e se establece a súa convocatoria para o ano 2026, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento MT402A)

Obxecto

A corrección de impactos paisaxísticos, todo isto en congruencia cos valores paisaxísticos recollidos no Catálogo das paisaxes de Galicia e os obxectivos e criterios que expresan as Directrices de paisaxe de Galicia.

 

A quen vai dirixido?

1. Poderán ser beneficiarias desta subvención as persoas físicas propietarias ou usufrutuarias dun inmoble ou ben sobre o cal pretenda/n realizar algunha/s das actuacións establecidas no ordinal segundo desta resolución.

2. Só caberá presentar unha solicitude por persoa e ben. Cada solicitude poderá conter varias actuacións.

3. A persoa solicitante deberá ser propietaria ou usufrutuaria do terreo, inmoble ou ben en que se pretenden realizar as actuacións e deberá acreditar a súa dispoñibilidade, como mínimo durante o período en que se manteñen as obrigas que asume a persoa beneficiaria da axuda previstas no ordinal décimo noveno.

Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes e acreditarase, na fase de solicitude, mediante a sinatura da correspondente declaración responsable de propiedade ou usufruto e da súa dispoñibilidade incluída no anexo I.

Na fase de xustificación, no caso de tratarse de usufruto, debe achegarse a autorización do titular ou titulares da propiedade, relativa á realización da actuación para a cal se solicita a axuda, e, no caso de copropiedades, autorización dos demais copropietarios. Todo isto sen prexuízo das comprobacións que poida realizar para tal efecto o Instituto de Estudos do Territorio.

4. Todas as actuacións deberán contar, sempre e en todo caso, coa comunicación previa ou, de ser necesaria, a correspondente licenza municipal. Todo isto sen prexuízo dos restantes informes ou autorizacións, municipais ou sectoriais, que sexan precisos.

Para estes efectos, o cumprimento do dito requisito acreditarase na fase de xustificación, sen prexuízo da declaración responsable na fase de solicitude.

5. Non poderán obter a condición de persoa beneficiaria aquelas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursas nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable da persoa solicitante, incluída no anexo I desta resolución.

6. Tampouco poderán obter a condición de persoa beneficiaria aquelas que, despois de resultar beneficiarias destas axudas na convocatoria anterior, presentasen unha renuncia con posterioridade aos dez (10) días hábiles previstos para a aceptación ou fosen destinatarios dunha resolución de denegación total da axuda concedida por non xustificar axeitadamente a execución da actuación subvencionada.

7. O incumprimento de calquera das condicións ou requisitos establecidos neste punto constituirá causa de inadmisión da solicitude ou de perda do dereito ao cobramento da axuda, sen prexuízo de calquera outra que derive da normativa aplicable.

Para acceder ao DOG pica eiquí

Sede electrónica para solicitudes MT402A

Compartir