A Xunta de Goberno do COAG quere mostrar o seu apoio ao colectivo profesional dos/as taxadores/as hipotecarios/as e defende a necesidade de obter unhas condicións económicas, organizativas e profesionais xustas. Por iso traslada aos seus colexiados a información sobre as actividades da Asociación Española de Taxadores Hipotecarios (AETH) para mellorar as condicións deste colectivo.
A AETH reitera que os taxadores traballan con honorarios por baixo dos custos reais -nalgúns casos, apenas un 20% do que abona o cliente final- e con tarifas practicamente conxeladas desde 2008, pese ao incremento sostido das esixencias normativas e dos requisitos técnicos. Esta asociación lembra que esta situación compromete a calidade e a fiabilidade do sistema hipotecario regulado, que esixe rigor e tempo suficiente por informe e insiste en que o seu obxectivo non é encarecer o mercado, senón aliñar os honorarios cos custos reais, eliminar comisións impropias e garantir que quen realiza o traballo non o faga a perdas.
Para máis información, consultar a seguinte ligazón:
