Categoría
Dispoñible a plataforma para a presentación de candidaturas aos Premios “Gran de Area 2024”
As Delegacións de Vigo, Pontevedra e Ourense convocan unha nova edición dos Premios “Gran de Area”, que supoñen un recoñecemento a ARQUITECTOS e PROMOTORES, ademais doutros axentes participantes no proceso edificatorio, pola súa labor, necesariamente conxunta, para obter unha obra arquitectónica de calidade.
As bases pódense consultar no seguinte ENLACE.
O prazo de presentación rematará ás 14:00 horas do 26 de setembro de 2024. As propostas deberán ser achegadas na web do COAG, a través da plataforma online de xestión de Premios, dispoñible no seguinte enlace:
Dispoñible a plataforma para a presentación de candidaturas aos Premios “Próximos 2024”
Inspirados nos Premios GRAN DE AREA que, con éxito, convocan as Delegacións de Vigo, Ourense e Pontevedra do COAG, a Delegación de Santiago de Compostela do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia convoca os Premios de Arquitectura “PRÓXIMOS 2024”, que supoñen un recoñecemento a ARQUITECTOS e PROMOTORES, ademais DOUTROS AXENTES participantes no proceso edificatorio, pola súa labor, necesariamente conxunta, para obter unha obra arquitectónica de calidade.
Co nome do premio: “Próximos” quérese facer referencia ao espíritu do ciclo de conferencias que, ao longo dos últimos anos, ven organizando a Delegación de Santiago co obxectivo de dar a coñecer traballos arquitectónicos próximos a nosa delegación ben polo emprazamento das obras, dos estudos profesionais ou polo contexto que os envolve.
Nun paso máis nesta aposta por achegar a arquitectura de proximidade á cidadanía, créanse estes premios cos que recoñecer o traballo ben feito non só polos arquitectos senón pola imprescindible implicación de promotores e outros axentes.
Poderán optar aos premios: proxectos redactados ou obras finalizadas con emprazamento no ámbito da nosa delegación que corresponde aos seguintes Concellos: Ames, Arzúa, A Baña, Boimorto, Boiro, Boqueixón, Brion, Carnota, Dodro, Frades, Lousame, Melide, Muros, Negreira, Noia, Oroso, Outes, Padrón, O Pino, Pobra do Caramiñal, Porto do son, Rianxo, Ribeira, Rois, Santiago, Santiso, Teo, Toques, Touro, Trazo, Val do Dubra e Vedra.
Poden presentar as propostas os colexiados/as no COAG ou en calquera outro Colexio de Arquitectos de España.
As bases pódense consultar no seguinte ENLACE.
O prazo de presentación rematará ás 14:00 horas do 26 de setembro de 2024. As propostas deberán ser achegadas na web do COAG, a través da plataforma online de xestión de Premios, no seguinte enlace:
https://www.coag.es/premios/ediciones.
Concello de Fene – Modificación das bases lista de aspirantes de arquitecto/a
No BOP A Coruña de 3 de setembro, publícase o anuncio do Concello de Fene de Modificación das bases reguladoras do proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes de arquitecto/a.
Eleccións AGAU 2024: censo electoral
Conforme ao previsto na circular 11/2024, lémbrase que o vindeiro 17 de outubro de 2024 terán lugar as eleccións para seleccionar á Xunta Directiva da Agrupación Galega de Arquitectas e Arquitectos Urbanistas do COAG.
Nesa mesma circular, indícase que son electores todas as persoas colexiadas inscritas na Agrupación na data da convocatoria e non suspendidas nos seus dereitos e que, convocada unha elección, as listas de electores poñeranse de manifesto, á disposición de tódolos agrupados, para a formulación de reclamacións sobre inclusións ou exclusións. read more…
Gravación da conferencia Carbajo y Barrios “Vertical y transversal” – Ciclo Próximos 2024
Está dispoñible en CanalCOAG a gravación da conferencia de Carbajo y Barrios “Vertical y transversal”, celebrada o pasado 18 de xullo, dentro do ciclo “Próximos 2024” organizado pola Delegación de Santiago.
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados, agosto 2024
Gravación da conferencia de Trespés “Navegar é preciso” – Ciclo Próximos 2024
Está dispoñible en CanalCOAG a gravación da conferencia de “TRESPÉS: Navegar é preciso” celebrada o pasado 4 de xullo, dentro do ciclo “Próximos 2024” organizado pola Delegación de Santiago.
Convocatoria 2024 do programa de axuda ás actuacións de mellora das infraestruturas de telecomunicacións en edificios. PRAZO PECHADO
No DOG do 7 de agosto de 2024, aparece a RESOLUCIÓN da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia do 26 de julio de 2024 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de subvencións para a execución de actuacións de mellora das infraestruturas de telecomunicacións en edificios (programa UNICO-Edificios) (código de procedemento AP400C).
AMPLIADO PLAZO DE MATRÍCULA BONIFICADA _ Curso “Produtividade para arquitectos. Claves para ser mais eficientes no día a día do arquitecto”
Este curso/taller, principalmente destinado a profesionais vencellados co mundo da arquitectura, construción e sustentabilidade, ten como obxectivo presentar as claves para mellorar a nosa produtividade e rendemento laboral, centrándose nun emprego eficiente do tempo.
Durante o desenvolvemento do mesmo traballarase en torno a pautas que nos permitan organizarnos mellor, focalizar o noso traballo e evitar distraccións. Analizaremos tamén as posibilidades que as novas tecnoloxías ofrécennos á hora de mellorar a nosa produtividade e a importancia de identificar e rexeitar todo aquilo que nos separe dun plan de traballo eficiente.
Na seguinte ligazón, está dispoñible un breve vídeo de presentación do curso, onde Lorenzo Barnó expón os puntos clave que se desenvolverán neste curso.
(Ademáis, como introdución a este curso pódese acceder desde esta ligazón á gravación da charla-taller impartida por Lorenzo Barnó o pasado 28 de xuño sobre “Produtividade para estudos de arquitectura”)
Ponentes
› Lorenzo Barnó. Arquitecto e arquitecto técnico. Master en Deseño web e Proxectos de Identidade Dixital. Cofundador de Stepienybarno.
› Agnieszka Stepien. Arquitecta e enxeñeira civil. Master en Deseño web e Proxectos de Identidade Dixital. Cofundador de Stepienybarno.
Metodoloxía
A metodoloxía empregada articúlase ao redor dun taller intensivo interactivo, onde os relatores propoñerán distintas opcións e pautas obtidas a través da súa experiencia, e acompañarán aos alumnos para descubrir cales resultan de maior utilidade en cada caso. O taller estrutúrase en dous bloques:
› Un primeiro bloque, de dous meses de duración, que se desenvolverá en formato integramente en liña, no que se traballará ao redor dos materiais propostos. Este primeiro bloque inclúe tamén 4 sesións en liña, de dúas horas de duración, para seguimento e resolución de dúbidas.
› Un segundo bloque de peche, articulado en dúas sesións presenciais de traballo de grupo, que terán lugar en Santiago de Compostela.
Aforo e prazos de matrícula:
Debido ao enfoque eminentemente práctico e interactivo do curso, seguindo indicacións dos ponentes, o aforo para este curso é especialmente limitado. As prazas asignaranse por rigorosa orde de matrícula.
-
Prazo preferente de matrícula: (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o mércores 04/09/2024 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
-
Todas as modalidades: dende as 23:59 h do mércores 04/09/2024 ata o xoves 10/10/2024 ás 23:59h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
Prezos de matrícula
Ampliouse o prazo para o prezo de matrícula bonificada. Así, para aqueles alumnos que se matriculen antes do 20 de setembro ás 12:00h. Así, para os alumnos que se matriculen neste prazo, os importes de matrícula serán os seguintes:
- Matrícula ordinaria: 480 euros
- Arquitectos colexiados: 350 euros
- Arquitectos colexiados suscritos ao servizo de formación: 240 euros.
Para os alumnos que se matriculen a partir das 12:00h do 20 de setembro, os importes de matrícula serán os seguintes :
- Matrícula ordinaria: 550 euros
- Arquitectos colexiados : 410 euros
- Arquitectos colexiados suscritos ao servizo de formación: 290 euros.
Programa completo e matrícula (*)
No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explican as actividades que integran o curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.
[ + matriculación e programa completo do curso]
(*) Para optar pola modalidade “colexiado subscrito a formación”, os colexiados/as deberán estar subscritos ao servizo de formación no momento no que se formalice a matriculación. Os colexiados que non vos atopedes subscritos ao servizo de formación en 2024, podedes solicitalo nunha nova consulta no seguinte enlace.
Máis información e consultas:
Para formular consultas ao respecto destes cursos, podes dirixirte a nós a través de:
-
Colexiados: a través do apartado de “Realizar consultas”, sección de Formación, do panel de servizos do COAG, no seguinte ENLACE
-
Non colexiados: a través do enderezo de correo electrónico formacion@colexiodearquitectos.org.
NOTA: A celebración do curso está condicionada a que se alcance ou número mínimo de alumnos matriculados para a viabilidade do mesmo. En caso contrario, comunicarase a cancelación do curso e ou COAG procederá á devolución dos importes abonados.
Exposición Os carteis de Felipe Peña
Datas: 4 de setembro – 7 de xaneiro de 2025
O mércores 4 de setembro, ás 19:00 horas, inaugurouse a exposición Los Carteles de Felipe Peña na sede coruñesa do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Esta mostra poderá visitarse en horario de apertura do COAG até o 7 de xaneiro de 2025. read more…
Dispoñible a plataforma para a presentación de candidaturas aos Premios “Gran de Area 2024”
As Delegacións de Vigo, Pontevedra e Ourense convocan unha nova edición dos Premios “Gran de Area”, que supoñen un recoñecemento a ARQUITECTOS e PROMOTORES, ademais doutros axentes participantes no proceso edificatorio, pola súa labor, necesariamente conxunta, para...
Dispoñible a plataforma para a presentación de candidaturas aos Premios “Próximos 2024”
Inspirados nos Premios GRAN DE AREA que, con éxito, convocan as Delegacións de Vigo, Ourense e Pontevedra do COAG, a Delegación de Santiago de Compostela do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia convoca os Premios de Arquitectura “PRÓXIMOS 2024”, que supoñen un...
Concello de Fene – Modificación das bases lista de aspirantes de arquitecto/a
No BOP A Coruña de 3 de setembro, publícase o anuncio do Concello de Fene de Modificación das bases reguladoras do proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes de arquitecto/a. Enlace ao BOP.
Eleccións AGAU 2024: censo electoral
Conforme ao previsto na circular 11/2024, lémbrase que o vindeiro 17 de outubro de 2024 terán lugar as eleccións para seleccionar á Xunta Directiva da Agrupación Galega de Arquitectas e Arquitectos Urbanistas do COAG. Nesa mesma circular, indícase que son electores...
Gravación da conferencia Carbajo y Barrios “Vertical y transversal” – Ciclo Próximos 2024
Está dispoñible en CanalCOAG a gravación da conferencia de Carbajo y Barrios "Vertical y transversal", celebrada o pasado 18 de xullo, dentro do ciclo “Próximos 2024” organizado pola Delegación de Santiago. Enlace á gravación.
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados, agosto 2024
No apartado da zona de normativa da web colexial, na súa marxe esquerda, os subscritores do servizo de Normativa, poden acceder á Normativa e acordos de interese publicados no mes de agosto de 2024 no D.O. Galicia, B.O.E, D.O.CC.EE, e nos catro BOP's provinciais, así...
Gravación da conferencia de Trespés “Navegar é preciso” – Ciclo Próximos 2024
Está dispoñible en CanalCOAG a gravación da conferencia de “TRESPÉS: Navegar é preciso” celebrada o pasado 4 de xullo, dentro do ciclo “Próximos 2024” organizado pola Delegación de Santiago. Enlace á gravación.
Convocatoria 2024 do programa de axuda ás actuacións de mellora das infraestruturas de telecomunicacións en edificios. PRAZO PECHADO
No DOG do 7 de agosto de 2024, aparece a RESOLUCIÓN da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia do 26 de julio de 2024 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de subvencións para a execución de actuacións de mellora das...
AMPLIADO PLAZO DE MATRÍCULA BONIFICADA _ Curso “Produtividade para arquitectos. Claves para ser mais eficientes no día a día do arquitecto”
Este curso/taller, principalmente destinado a profesionais vencellados co mundo da arquitectura, construción e sustentabilidade, ten como obxectivo presentar as claves para mellorar a nosa produtividade e rendemento laboral, centrándose nun emprego eficiente do tempo....
Exposición Os carteis de Felipe Peña
Datas: 4 de setembro – 7 de xaneiro de 2025 O mércores 4 de setembro, ás 19:00 horas, inaugurouse a exposición Los Carteles de Felipe Peña na sede coruñesa do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Esta mostra poderá visitarse en horario de apertura do COAG até o...