Xornada “Productividade para estudios de arquitectura”_ Lorenzo Barnó [gravación]

2 Xul 2024

O obxectivo desta charla – taller foi dar as pautas e rutinas necesarias para mellorar a produtividade dos profesionais vinculados á arquitectura, a construción e a sustentabilidade, tanto se están a iniciar a súa traxectoria laboral coma se xa levan varios anos exercendo a profesión. Esta xornada, dirixida polo arquitecto e arquitecto técnico Lorenzó Barnó, centrouse nos patróns que é preciso adoptar para aumentar o noso rendemento laboral, investindo o tempo xusto e necesario e afastando todo aquilo que reduza a nosa eficacia profesional, e de cómo a Intelixencia Artificial pode axudarnos a ser máis eficientes.

Relator:

Lorenzo Barnó é arquitecto técnico (UN 1997) e arquitecto superior (UPV 2003). A súa actividade profesional fundaméntase na investigación, a realización de proxectos arquitectónicos e a publicación e comunicación de arquitectura. O seu estudio de arquitectura Stepienybarno foi premiado en varios concursos de arquitectura, e son redactores e editores de varias publicacións dixitais e blogs de arquitectura propios como Stepienybarno ou Sinerxia Sostible. Tamén se dedican á consultoría e xestión de Identidade Dixital, imparten cursos especificamente deseñados para arquitectos sobre Internet, social media, redes sociais e a nova era dixital.

Pódese acceder á gravación desta xornada na nova páxina de gravacións exclusivas para colexiados:

https://apps.coag.es/contenidos/videos

Compartir