Eleccións AGAU 2024: censo electoral

3 Set 2024

Conforme ao previsto na circular 11/2024, lémbrase que o vindeiro 17 de outubro de 2024 terán lugar as eleccións para seleccionar á Xunta Directiva da Agrupación Galega de Arquitectas e Arquitectos Urbanistas do COAG. 

Nesa mesma circular, indícase que son electores todas as persoas colexiadas inscritas na Agrupación na data da convocatoria e non suspendidas nos seus dereitos e que, convocada unha elección, as listas de electores poñeranse de manifesto, á disposición de tódolos agrupados, para a formulación de reclamacións sobre inclusións ou exclusións. 

O censo pódese consultar no seguinte enlace:

Censo AGAU_eleccions 2024 

O prazo para formular reclamacións será de oito días, a contar desde a data desta publicación, remitindo un correo electrónico a: secretaria@colexiodearquitectos.org

As reclamacións serán resoltas pola Xunta de Goberno na mesma sesión na que se acorde a admisión de candidaturas e, en todo caso, no prazo de trinta días. As listas definitivas de electores poñeranse á disposición das candidaturas proclamadas.

Compartir