Categoría

O COAG presentou un recurso de reposición en impugnación da Resolución nº 2024-0406 da Alcaldía do concello de Valga, de 20 de agosto de 2024, mediante a que se aprobaron as bases reguladoras do proceso selectivo, por concurso-oposición, dunha praza de Arquitecto persoal laboral (BOP Pontevedra nº 169 de 30 de agosto).

O motivo principal do recurso foi a valoración prevista nas bases do mérito consistente na “experiencia profesional” debido a que existe unha prevalencia absoluta e unha desproporción manifesta na valoración da prestación de servizos no propio concello de Valga, tanto na categoría obxecto da convocatoria como noutras distintas, en demérito da prestación de servizos na categoría obxecto da convocatoria noutras Administracións Públicas.

Alegouse que non deben valorarse de forma distinta os servizos prestados en distintas Administracións Públicas si son servizos obxectivamente idénticos (salvo nos casos excepcionais previstos legalmente en relación con determinados procesos de estabilización de emprego temporal). Por tal motivo, o COAG entende que a  experiencia tal e como está nas bases infrinxe os principios de igualdade, mérito e capacidade que rexen o acceso ao emprego.

Inauguración da mostra Nova Arquitectura Galega na ETSAC

Inauguración da mostra Nova Arquitectura Galega na ETSAC

O vindeiro mércores 2 de outubro vaise inaugurar na Escola de Arquitectura de A Coruña a primeira itinerancia da mostra Nova Arquitectura Galega.

Será un acto sinxelo no que, en compañía do director da Escola, D. Miguel Abelleira Doldán, terá lugar un coloquio/presentación informal das persoas seleccionadas na mostra.

  • Lugar: Salón de Actos, planta 0. Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña. Campus da Zapateira, s/n. A Coruña
  • Hora: 13,00 horas.
Oferta de emprego.

Oferta de emprego.

Estudo ANDRES TOUCEDA ARQUITECTOS,  con sede en VIGO selecciona arquitecto/a para redacción de proxectos de obra nova e rehabilitación.
read more…

Taller de cine VIVIR RODANDO ARQUITECTURAS

Taller de cine VIVIR RODANDO ARQUITECTURAS

VIVIR RODANDO ARQUITECTURAS

TALLER DE CINE

co Director

ALFONSO ZARAUZA

+ CHOCOLATADA

COLEXIAL

VENRES 4 DE OUTUBRO

De 17:00 a 21:30

As necesidades audiovisuais dos estudios de arquitectura son cada vez maiores e, á súa vez, os arquitectos/as teñen cada vez máis presenza en proxectos artísticos ou expresións culturais colectivas relacionadas coa imaxe en movemento, en Plataformas e Festivais, así como no cine.

Da mesma maneira, tampouco se pode pasar por alto a potencia narrativa da arquitectura, a influencia da produción cinematográfica na carreira de moitos arquitectos/as, a importancia da arquitectura no proceso de creación dunha peza audiovisual, así como as posibilidades que os distintos formatos audiovisuais poden ofrecer para mellorar a cultura arquitectónica da sociedade, ou para comunicar os proxectos de arquitectura.

Este taller de cine dirixido por Alfonso Zarauza é unha oportunidade única para compartir o proceso creativo dun director de cine galego diante de tres retos que poden ser afrontados dunha maneira moi singular:

  • Filmar unha cidade
  • Filmar unha paisaxe
  • Filmar a construción dunha obra.

E é tamén unha oportunidade irrepetible para adentrarse nas conexións e interrelacións entre cine e arquitectura, así como nos procesos creativos de ambas disciplinas.

Ademais, por suposto, de desfrutar dunha rica ¡chocolatada colexial!

 

Programa

Arquitectura organizativa dun filme contemporáneo:

  • 1- O paso do texto ás imaxes (Planificación técnica/ Story board caseiro)
  • 2- Organización dunha rodaxe (Equipos de traballo/Loxística)
  • 3- Configuración estética do filme Ons (Cores-pantone/ Texturas-ópticas-luz/relación de aspecto 1:2:35/ Encadres e posta en escena/ Traballo cos actores/ Aspectos climáticos Atmósfera/ O deseño do cartaz e o posicionamento do filme.
  • 4- A idea fílmica (A maneira de rodar: plano secuencia/ fóra de campo/ tempo interno montaxe-ritmo/ a idea de illa no filme Ons). O tratamento sonoro do filme.

 

Horario

De 17:00 a 21:30

Descanso de cine con chocolatada colexial ás 18:40

Coloquio cos participantes ás 20:40

O taller é gratuíto e non require inscrición previa.

 

ALFONSO ZARAUZA

(Compostela 1973)

Un dos máis relevantes, queridos e experimentados autores do cinema galego contemporáneo destacando coma director, produtor e guionista. Conta con dez premios Mestre Mateo, nestas tres disciplinas, que avalan a súa traxectoria. Foi premio de honor Cineuropa no 2020 polo conxunto de toda a súa obra.

DIRECTOR

Dirixiu seis longametraxes, dúas series de tv e máis de vinte pezas experimentais polo que recibiu diversos premios internacionais entre os que destaca o premio ao mellor director en competencia internacional por La noche que dejó de llover en Viña del Mar (Chile) no 2008 ou o premio do xurado no Brussels Film Festival por Os Fenómenos no 2014. Entre os seus filmes principais destacan ademáis da súa ópera prima La noche que dejó de llover (2008), Encallados (2012), Os fenómenos (2013), A viaxe dos Chévere (2015) Ons (2020) ou Malencolía (2021). Recibiu tres Mestre Mateo coma mellor director.

GUIONISTA

Como guionista escribiu sete longametraxes xa filmadas e estreadas polas que recibiu o premio ao mellor guion en competencia internacional en Trieste no 2008 pola coprodución cubano/brasileira A ilha da morte de Wolney Oliveira. O premio en Los Angeles no 2006 no LALIFF (Los Angeles Latino Film Festival) por La noche que dejó de llover. Recibiu tamén o premio ao mellor guion de longametraxe no Festival Iberoamericano do Ceará en Fortaleza (Brasil) no 2014 por Os fenómenos. Recibiu o Mestre Mateo ao mellor guion por La noche que dejó de llover, Os fenómenos e Ons.

PRODUTOR

Coma produtor destaca por ter producido a ópera prima de Jaione Camborda Arima estreada en San Sebastian, e os novos filmes de Angel Santos Así chegou a noite e de Lois Patiño La nube del no saber. Tamén destaca coma produtor dos seus tres últimos filmes: Malencolía, Os fenómenos e Ons,  polos que ten recibido os premios Mestre Mateo ao mellor filme. Con esta última película, recibiu tamén o premio ao mellor single drama no Celtic Media Festival en Glasgow no 2021.

Visita guiada ás intervencións para mitigación de gas radón na facultade de Xeografía da USC

Visita guiada ás intervencións para mitigación de gas radón na facultade de Xeografía da USC

O vindeiro venres, 27 de setembro ás 12:30h, terá lugar unha visita guiada ás intervencións levadas a cabo na facultade de Xeografía da USC para a mitigación das altas concentracións de gas radón. A solución adoptada, que consiste nun sistema de despresurización de subsolo, tiña a complexidade adicional derivada da necesidade de facela compatible coas limitacións establecidas pola protección patrimonial integral do edificio.

Relatores

  • Borja Frutos Vázquez é Doutor arquitecto, Técnico Superior do CSIC, e membro do Grupo de Investigación de Sistemas construtivos e habitabilidade do Instituto Eduardo Torroja.
  • Fernando M. Tabernero Duque é Director da Área de arquitectura e urbanismo da Universidade de Santiago de Compostela.
  • Alberto Ruano Raviña é Catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública da Universidade de Santiago de Compostela.
  • Joaquín Anselmo Peón González é Técnico Especialista de Investigación do Laboratorio de Radón de Galicia, Servicio de Medicina Preventiva.

Data e lugar

Venres 27 de setembro ás 12:30h na Facultade de Xeografía e Historia da USC.
Praza da Universidade, 1, 15704 Santiago de Compostela [maps]

Inscrición:

Por cuestións de aforo, para a asistencia a esta xornada é preciso inscribirse previamente na leguinte [+ligazón]

Xornada de presentación online Asociación Nacional de Mutualistas Arquitectos (ANMARQ)

Xornada de presentación online Asociación Nacional de Mutualistas Arquitectos (ANMARQ)

Conforme ao recollido na circular 14/2024, entre as plataformas de profesionais creadas para reivindicar ante a administración unha pasarela ao RETA, que poida garantir unhas xubilacións dignas para cada unha das profesións, infórmase que o pasado mes de maio un grupo de mutualistas de HNA, crearon a Asociación Nacional de Arquitectos Mutualistas (ANMARQ). A asociación está dirixida a todas as persoas mutualistas de HNA, e a súa principal reivindicación é a mellora das pensións actuais e futuras daquelas persoas mutualistas que actualmente pertencen a HNA, mediante unha ‘Pasarela ao RETA’, coas condicións que a Administración estableza, tanto para as activas como as xa xubiladas da Mutua que así o desexen e cumpran coas condicións que se establezan.

Coa finalidade de que as persoas colexiadas interesadas, poidan obter máis información sobre dita Asociación e os seus obxectivos, o vindeiro venres 20 de setembro ás 10,00 horas, terá lugar unha xornada telemática na que intervirá o presidente da Asociación, D. José Javier Mancilla Millón.

Para o seguimento en directo da xornada, é necesaria inscrición na seguinte  [+ ligazón]

Colabora

Celebración Día Mundial de la Construcción Sostenible 2024: CENTRO DE DÍA DE MAYORES DE LEIRO. MÜLLER.FEIJOO ARQUITECTOS

Celebración Día Mundial de la Construcción Sostenible 2024: CENTRO DE DÍA DE MAYORES DE LEIRO. MÜLLER.FEIJOO ARQUITECTOS

El Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia homenajeará el 23 de septiembre, con motivo del Día Mundial de la Construcción Sostenible, el Centro de Día de Mayores, de Leiro, obra de Müller Feijoo Arquitectos y José Jaime Vázquez. Lo hará en un acto simbólico al que acudirán los arquitectos, el presidente del CMD, José Manuel Iglesias; la presidenta de la Delegación de Ourense del Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Emma Noriega; y el alcalde del concello de Leiro, Francisco José Fernández. Al término del acto institucional, se realizará una visita guiada por los propios arquitectos, para explicar las particularidades del proyecto.

El CMD ha escogido esta obra por el esfuerzo realizado por los arquitectos por integrar lo construido en el paisaje, ser funcional y eficiente energéticamente y ofrecer espacios exteriores  e interiores confortables, graduando la privacidad y la luz natural para que los usuarios del edificio, personas mayores, se apropien de él con naturalidad. El empleo de materiales naturales propios del entorno, el uso de la madera en exterior e interior para conseguir espacios confortables o una cubierta ajardinada para paliar los efectos del calor en verano, entre otros aspectos, convierten a este edificio en un claro ejemplo de construcción sostenible.

La obra ha obtenido diferentes reconocimientos como ser finalista de los Premios de Arquitectura y Rehabilitación de Galicia 2018; Finalista I Premios Lledó de Arquitectura Ibérica 2018; o Premio Gran de Area 2017.

Para participar en la visita guiada es necesario inscribirse AQUÍ

((Compartimos la explicación de  esta obra por parte de los arquitectos en el  marco del XII Meeting Point Lignum, Encuentros Online de Innovación en madera))

O COAG presentou un recurso de reposición en impugnación da Resolución nº 2024-0406 da Alcaldía do concello de Valga, de 20 de agosto de 2024, mediante a que se aprobaron as bases reguladoras do proceso selectivo, por concurso-oposición, dunha praza de Arquitecto persoal laboral (BOP Pontevedra nº 169 de 30 de agosto).

O motivo principal do recurso foi a valoración prevista nas bases do mérito consistente na “experiencia profesional” debido a que existe unha prevalencia absoluta e unha desproporción manifesta na valoración da prestación de servizos no propio concello de Valga, tanto...

Oferta de emprego.

Oferta de emprego.

Estudo ANDRES TOUCEDA ARQUITECTOS,  con sede en VIGO selecciona arquitecto/a para redacción de proxectos de obra nova e rehabilitación. Funcións: Todas as propias dun estudio de Arquitectura. Requisitos: CAD, realización de infografías, medicións. Valorase experiencia...