Conforme ao recollido na circular 14/2024, entre as plataformas de profesionais creadas para reivindicar ante a administración unha pasarela ao RETA, que poida garantir unhas xubilacións dignas para cada unha das profesións, infórmase que o pasado mes de maio un grupo de mutualistas de HNA, crearon a Asociación Nacional de Arquitectos Mutualistas (ANMARQ). A asociación está dirixida a todas as persoas mutualistas de HNA, e a súa principal reivindicación é a mellora das pensións actuais e futuras daquelas persoas mutualistas que actualmente pertencen a HNA, mediante unha ‘Pasarela ao RETA’, coas condicións que a Administración estableza, tanto para as activas como as xa xubiladas da Mutua que así o desexen e cumpran coas condicións que se establezan.
Coa finalidade de que as persoas colexiadas interesadas, poidan obter máis información sobre dita Asociación e os seus obxectivos, o vindeiro venres 20 de setembro ás 10,00 horas, terá lugar unha xornada telemática na que intervirá o presidente da Asociación, D. José Javier Mancilla Millón.
Para o seguimento en directo da xornada, é necesaria inscrición na seguinte [+ ligazón]