O vindeiro venres, 27 de setembro ás 12:30h, terá lugar unha visita guiada ás intervencións levadas a cabo na facultade de Xeografía da USC para a mitigación das altas concentracións de gas radón. A solución adoptada, que consiste nun sistema de despresurización de subsolo, tiña a complexidade adicional derivada da necesidade de facela compatible coas limitacións establecidas pola protección patrimonial integral do edificio.
Relatores
- Borja Frutos Vázquez é Doutor arquitecto, Técnico Superior do CSIC, e membro do Grupo de Investigación de Sistemas construtivos e habitabilidade do Instituto Eduardo Torroja.
- Fernando M. Tabernero Duque é Director da Área de arquitectura e urbanismo da Universidade de Santiago de Compostela.
- Alberto Ruano Raviña é Catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública da Universidade de Santiago de Compostela.
- Joaquín Anselmo Peón González é Técnico Especialista de Investigación do Laboratorio de Radón de Galicia, Servicio de Medicina Preventiva.
Data e lugar
Venres 27 de setembro ás 12:30h na Facultade de Xeografía e Historia da USC.
Praza da Universidade, 1, 15704 Santiago de Compostela [maps]
Inscrición:
Por cuestións de aforo, para a asistencia a esta xornada é preciso inscribirse previamente na leguinte [+ligazón]