Rematado o prazo para a presentación de candidaturas á terceira edición do Premio “Arquitectura para un mundo mellor” convocado dende a Delegación de Santiago, en colaboración coa Comisión de Cultura colexial, co obxectivo de por en valor as achegas doutros membros da sociedade á Arquitectura e o Urbanismo, procédese á publicación do fallo.
Por mor diso, o luns 16 de setembro de 2024 reuniuse o xurado designado a tal efecto e integrado polos seguintes membros do noso colectivo:
- Dona Carmen Rey López. Arquitecta da delegación de Santiago.
- D. Manuel Angel Bugallo Otero. Arquitecto da delegación de Vigo.
- D. Xurxo Salvador Fernández. Arquitecto da delegación de Lugo.
- D. Ángel Cid Carballo. Presidente da delegación de Santiago.
- Dona María Luisa Pierres López. Secretaria do COAG (actuando como secretaria do xurado, con voz pero sen voto)
Trala comprobación e análise das propostas presentadas decidiuse, por unanimidade, conceder o recoñecemento pola súa especial achega á arquitectura nesta III edición a:
– D. Santiago Martínez Otero. Ferreiro
Da avaliación dada polas persoas e entidades promotoras da candidatura destacamos o recoñecemento do seu valor de conciencia social e cooperación, así como a súa contribución ao mantemento do patrimonio galego e nacional así como o seu traballo de mellora á percepción cidadá dos espazos históricos, devoltando a estima e identidade aos seus habitantes.
Este recoñecemento farase efectivo nun acto a celebrar o vindeiro 5 de outubro de 2024 no Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela.
Quérese agradecer a implicación daqueles compañeiros e compañeiras que co seu apoio explícito e proposta de candidaturas participaron no proceso, tanto este ano como nos tres anos de andaina deste recoñecemento.
A continuación transcríbese a motivación redactada polos compañeiros e compañeiras que acompañou a candidatura de D. Santiago Martínez Otero (Chago), entendendo esta expresa perfectamente a motivación da elección desta proposta como merecedora deste premio anual.
MOTIVACIÓN DA CANDIDATURA DE D. SANTIAGO MARTÍNEZ OTERO AO RECOÑECEMENTO DE ACHEGA Á ARQUITECTURA DO COAG:
III PREMIO “ARQUITECTURA PARA UN MUNDO MELLOR”
Os asinantes abaixo referidos, entidades e profesionais arquitect@s, restauradores, construtores, etc. apoian a candidatura do mestre artesán Santiago Martínez Otero coñecido por Forxa Chago como candidato aos III Premio de “Arquitectura para Un Mundo Mellor 2024” do COAG, todo elo en función do seus amplos méritos profesionais, coma o premio de entidade nacional Richard H. Driehaus -aos efectos o premio nacional de artesanía dos oficios-, e outros (..)
Máis alá da súa ampla carreira profesional, os promotores deste recoñecemento queren facer resaltar os valores persoais, os de conciencia social e cooperación que se desprenden na práctica do seu oficio, demostrados continuamente na súa dilatada carreira, sempre tentando satisfacer e enriquecer ao seu entorno social – compostelán e galego- a través da colaboración cidadá, docente e profesional. Deste xeito a súa labor continua no rescate dos valores históricos e tradicionais dos oficios e as colaboracións con outras profesións e estamentos sociais -relixiosos, municipais e asociativos-, estivo e está sempre presente na mellora e percepción da memoria dos edificios e ambientes patrimoniais nos que acostuma a traballar. Esa procura no rescate, comunicación e formación das técnicas tradicionais perdidas completan o seu propio traballo, que mellora e recualifica a percepción da cidadanía sobre os espazos e edificios históricos que habitan, devolvendo conscientemente a estima e identidade aos habitantes destes espazos. Na tradición do relato histórico do banquete de Conxo, a xoven intelectualidade compostelá, os estudantes, ofreceron un banquete de confraternización aos obreiros e artesáns, servíndolles como camareiros en símbolo de respecto e igualdade. Este acto recoñecía os valores que aportaban os artesáns á sociedade daquel tempo, resignificando a importancia do traballo e coñecemento que soportaban como outro pilar indiscutible ao conxunto da sociedade. É con ese espírito, que os abaixo asinantes, consideramos que Chago, Santiago M Otero- Forxa Chago- representa hoxe na nosa contemporaneidade eses mesmos valores, como cabeza visible dun amplísimo conxunto de artesáns e implicados no mantemento do patrimonio galego e nacional, memoria e sociedade que o acompaña, merecendo desa maneira o noso recoñecemento.
En nome e encabezado dos asinantes
D. Ángel Panero Pardo, Arquitecto Coordinador na Oficina Técnica do Consorcio de Santiago de Compostela
Acompañan a candidatura as entidades.
Dª Belén Hernández Lafuente, Xerente do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela
D. Daniel Lorenzo Santos, Xerente de la Fundación Catedral
A título individual:
Dª Mercedes Cortázar, restauradora de Petra SL.
Dª Noelia Márquez Grille, restauradora, Responsable de mantemento da Catedral de Santiago
D. Iago Fernández Penedo. Arquitecto
D. Oscar Fuertes Dopico. Arquitecto
D. Santiago Rey Conde. Arquitecto
D. Ismael Ameneiros Rodríguez. Arquitecto
D. Alejandro Calviño. Arquitecto
Dª Cristina Ansede. Arquitecta
D. Alberto Quintáns. Arquitecto
D. Eduardo Cruz. Arquitecto
D. Alfonso Salgado. Arquitecto
D. Francisco Liñares. Arquitecto
D. Ramón Suárez. Xerente Construcións Obradoiro Compostela
D. Javier Rocamonde Lourido. Arquitecto
D. Óscar Andrés Quintela. Arquitecto
D. Iván Andrés Quintela. Arquitecto
D. Jorge Vázquez Couto. Arquitecto