O COAG presentou un recurso de reposición en impugnación da Resolución nº 2024-0406 da Alcaldía do concello de Valga, de 20 de agosto de 2024, mediante a que se aprobaron as bases reguladoras do proceso selectivo, por concurso-oposición, dunha praza de Arquitecto persoal laboral (BOP Pontevedra nº 169 de 30 de agosto).

30 Set 2024

O motivo principal do recurso foi a valoración prevista nas bases do mérito consistente na “experiencia profesional” debido a que existe unha prevalencia absoluta e unha desproporción manifesta na valoración da prestación de servizos no propio concello de Valga, tanto na categoría obxecto da convocatoria como noutras distintas, en demérito da prestación de servizos na categoría obxecto da convocatoria noutras Administracións Públicas.

Alegouse que non deben valorarse de forma distinta os servizos prestados en distintas Administracións Públicas si son servizos obxectivamente idénticos (salvo nos casos excepcionais previstos legalmente en relación con determinados procesos de estabilización de emprego temporal). Por tal motivo, o COAG entende que a  experiencia tal e como está nas bases infrinxe os principios de igualdade, mérito e capacidade que rexen o acceso ao emprego.

Compartir