Categoría
#COAGconta: Orientacións para a integración de PRL no deseño de cubertas
Os xoves 24 e 31 de outubro celebraranse dúas xornadas en liña de #COAGconta: Orientacións para a integración de PRL no deseño de cubertas, que tratarán os criterios de Prevención de Riscos Laborais a ter en conta durante o deseño de intervencións a realizar nas cubertas dos edificios.
- A primeira xornada, acerca de Sistemas de protección para traballos en cubertas: Liñas de vida celebrarase o xoves 24 de outubro de man de Ramón Rodilla Marcos, Arquitecto Técnico con Posgrao Oficial en Prevención de Riscos Laborais.
- A segunda xornada, “A responsabilidade dos proxectistas en materia de seguridade e saúde para a prevención de sinistros laborais” será impartida o xoves 31 de outubro por Eva Fernández Pardo, Inspectora de Traballo e Seguridade Social da Coruña.
Así, o xoves 24 de outubro, ás 12 da máñá, celebrarase a primeira xornada, onde se sintetizará a normativa aplicable en relación á obrigación de prever sistemas de protección para traballos posteriores ao CFO nas edificacións proxectadas, e adquirir coñecementos básicos e fundamentais do deseño e implantación dos sistemas de protección contra caídas a distinto nivel, coñecendo os equipos de protección individual cos que se traballa e a maneira na que protexen. Falarase tamén sobre que documentación é necesaria para legalizar unha instalación como está, para poder indicar no Libro do Edificio a maneira de traballar empregando os sistemas proxectados e tamén poder indicar os mantementos periódicos que deban de ter.
Para o seguimento en directo das xornadas, é necesaria inscrición en cada unha delas na seguinte [+ ligazón]
NOTA: Os colexiados/as subscritos aos servicios de formación ou asesoramento, así como aqueles que se inscriban na xornada, poderán acceder á grabación da mesma na nova páxina de grabacións, exclusiva para colexiados.
Colabora ![]()
Dispoñible a gravación da ponencia Blanco Touza Arquitectos
Está dispoñible en CanalCOAG a gravación dunha nova edición do ciclo de charlas “Arquitecturas Ourensás” nas que descubrimos a arquitectura da provincia da man dos nosos compañeiros e das súas obras. Nesta ocasión, temos con nós a Iago e Álvaro, de B+T arquitectos, para amosarnos a súa arquitectura.
Resolución da alcaldía do Concello de Valga DE 9/10/2024 pola que se estima parcialmente o recurso de reposición interposto polo COAG en impugnación da Resolución Nº 2024-0406 da alcaldía do Concello de Valga, de 20 de agosto de 2024, mediante a que se aprobaron as bases reguladoras do proceso selectivo, por concurso-oposición, dunha praza de arquitecto persoal laboral (BOP Pontevedra Nº 169 de 30 de agosto)
O recurso do COAG artellouse arredor de dúas alegacións:
I.- A BAREMACIÓN DO MÉRITO CONSISTENTE EN FORMACIÓN: INDETERMINACIÓN E CONFUSIÓN DOS TERMOS DA CONVOCATORIA; INSEGURIDADE XURÍDICA. (cláusula 8 1 a) das bases). O COAG entendía que o mérito consistente en “formación” no estaba regulado de forma suficientemente clara nas bases nin no relativo aos cursos a valorar nin á súa concreta valoración. A resolución non acolle esta alegación.
II.- A segunda e máis importante alegación do recurso versaba sobre A VALORACIÓN DO MÉRITO CONSISTENTE NA “EXPERIENCIA PROFESIONAL”: ENTENDEÍA O COAG QUE OS TERMOS EN QUE SE VALORA A EXPERIENCIA PROFESIONAL RESULTAN DISCRIMINATORIOS E CONTRARIOS AOS PRINCIPIOS DE IGUALDADE, MÉRITO E CAPACIDADE debido a que existía unha prevalencia absoluta e unha desproporción manifesta na valoración da prestación de servizos no propio concello de Valga, tanto na categoría obxecto da convocatoria como noutras distintas, en demérito da prestación de servizos na categoría obxecto da convocatoria noutras Administracións Públicas. (cláusula 8.1 b) das bases). A resolución municipal do recurso acolle esta alegación.
A resolución municipal conclúe:
“(…) RESOLVO:
PRIMEIRO: Estimar o recurso de reposición interposto con data 30 de setembro de 2024, por parte do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, instando a impugnación da Convocatoria e Bases reguladoras do proceso selectivo para cubrir unha praza de arquitecto/a persoal laboral para o Concello de Valga (Decreto de Alcaldía 2024-0406), publicado o 30 de agosto de 2024 no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, ao entender que as Bases, conforme están redactadas en canto a valoración de méritos – experiencia profesional, apartado 1.b) da Base 8ª-, incumpren os principios de igualdade, mérito e capacidade que deben presidir os procesos selectivos, tal e como establece a xurisprudencia (…) .
SEGUNDO: Proceder á anulación das Bases para a selección dunha praza de arquitecto/a persoal laboral para o Concello de Valga (Decreto de Alcaldía 2024-0406), publicado o 30 de agosto de 2024 no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, núm. 169, do 30 de agosto.
TERCEIRO: Retrotraer as actuacións ao momento de ditar resolución aprobando as bases da convocatoria, ordenado a aprobación das novas bases, conforme á lexislación vixente.
(…)”
Xornada Concursos e contratación pública
Dende hai uns meses o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia está a traballar, conxuntamente co Consejo Superior de Colegios de Arquitectos de España, sobre a contratación pública e o sistema de concursos. Nesta liña, este xoves día 10 de outubro, a partir das 4 da tarde, terá lugar unha xornada de traballo no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela.
Programa e relatores
16:00. Mesa Sistemas de contratación de proxectos de arquitectura e urbanismo.
José María Echarte. Docente.
Nuria Matarredona. Docente e Ex-Directora General de Arquitectura.
Carlos Pérez. Dr. Abogado. Contratacion Concello de A Coruña.
Ángel Carrero. Decano Colegio de Arquitectos de La Rioja.
Modera: Carmen Armada. Arquitecta.
17:30. Mesa Estimación dos precios de construción e costes de proxectos de arquitectura.
Lorena del Rio. Directora de SEGIPSA.
Josep María Borrell. Director Impsol.
Pablo Vázquez. Xerente do Cluster do Construcción de Galicia.
Noemi Sanchis. Presidenta del CACOA.
Modera: María Pierres. Arquitecta.
19:00. Mesa Modos de organización de concursos, xurados, prazos e premios.
Carlos de Riaño. Director Oficina Concursos COAM.
Eva Álvarez. Docente. Proyecto Europeo ARCH-E
Adolfo Agra. Arquitecto.
Susana Moreno. Decana Colegio Castilla y León Este.
Modera. Jordi Castro. Arquitecto.
Data e lugar
A xornada terá lugar a partir das 16:00 h do xoves 10 de outubro, no Museo do Pobo Galego.
Costa de San Domingos, s/n, 15703 Santiago de Compostela.
Inscrición
Permítese a asistencia de público á xornada, mais por cuestións de aforo prégase aos interesados se inscriban na seguinte [+ligazón]
Gravación da conferencia Chago: “O ferreiro de Compostela”
Está dispoñible en CanalCOAG a gravación da conferencia, celebrada o venres 4 de outubro, organizada pola Delegación de Santiago con motivo do outorgamento do III Premio de “Arquitectura para Un Mundo Mellor 2024” do COAG a Chago. O mestre artesán ofrécenos un percorrido polo seu traballo e metodoloxía, e amosanos algúns exemplos do seu traballo no ámbito da Compostela Patrimonial.
Concurso revista Obradoiro
Tal e como se indica na Circular 16 2024, a Xunta de Goberno na súa sesión 28/2024 de 3 de outubro, adoptou o acordo de aprobar as bases do Concurso para a adxudicación do contrato de dirección e redacción da revista Obradoiro do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, números 35, 36 e 37.
A revista Obradoiro dende a súa creación en 1978, converteuse nunha referencia continua dos valores e aportacións que a arquitectura ten feito á cultura, ao territorio e a sociedade galega. Pasando por varias definicións formais e con directivas editoriais diversas mantivo sempre o foco na innovación e adaptacións constantes da arquitectura galega aos cambiantes tempos do último cuarto do século XX ate chegar á súa última época cos números 33 e 34 publicados entre o 2008-2012. Durante todo ese tempo a publicación expresou continuamente as inquedanzas do ámbito arquitectónico galego, sempre ligadas e moi próximas aos campos paralelos da investigación a docencia, así como aos problemas culturais e socio económicos do pais galego dende a expresión arquitectónica. A revista Obradoiro foi así elemento de identidade e rexistro do corpo de arquitectas e arquitectos durante estes 50 últimos anos.
O prazo de presentación de candidaturas finalizará ás 23:59 horas do 25 de novembro de 2024.
As bases completas poden consultarse no seguinte enlace: BASES DO CONCURSO
Semana da Arquitectura de Ferrol 2024 – ALFREDO ALCALÁ NAVARRO

En resposta á petición do COAG a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración amplía prazo de presentación de propostas na licitación do contrato de redacción do proxecto básico e de execución para a rehabilitación da escola de formación profesional e da clínica da antiga Fábrica de armas para a creación dun centro de formación especializado en novas ocupacións relacionadas coa transición verde e dixital na Cidade das TIC (A Coruña) cofinanciado pola Unión Europea no marco do programa do Fondo de Transición Xusta (expediente 2024_016_SXT_FCE).
A ampliación do prazo foi publicada no perfil do contratante na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia.
Xornada de apoio á actividade profesional + visita arquitectónica ao Pazo de Arenaza en Oleiros
A Delegación de A Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e o coworking do Pazo de Arenaza, integrante da Rede Provincial de Coworking da Deputación da Coruña, na súa misión conxunta de apoiar a actividade profesional dos colexiados/as, organizan unha Xornada dirixida a arquitectos/as –á que poderán sumarse tamén estudantes e profesionais da arquitectura–, na que se visitará a interesante rehabilitación do Pazo de Arenaza para destinalo a coworking especializado en arquitectura, ademais de abordar as necesidades relacionadas coa dispoñibilidade de espazos de traballo para a nosa profesión e de explicar o apoio que ofrece a Deputación da Coruña. read more…
Acto de celebración do 50 aniversario da creación do COAG
O decano do COAG, Luciano Alfaya; o presidente da Xunta, Alfonso Rueda; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco Lobeiras; a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín e a conselleira de Vivenda, María Marínez Allegue, presidiron o evento.
#COAGconta: Orientacións para a integración de PRL no deseño de cubertas
Os xoves 24 e 31 de outubro celebraranse dúas xornadas en liña de #COAGconta: Orientacións para a integración de PRL no deseño de cubertas, que tratarán os criterios de Prevención de Riscos Laborais a ter en conta durante o deseño de intervencións a realizar nas...
Dispoñible a gravación da ponencia Blanco Touza Arquitectos
Está dispoñible en CanalCOAG a gravación dunha nova edición do ciclo de charlas "Arquitecturas Ourensás" nas que descubrimos a arquitectura da provincia da man dos nosos compañeiros e das súas obras. Nesta ocasión, temos con nós a Iago e Álvaro, de B+T arquitectos,...
Resolución da alcaldía do Concello de Valga DE 9/10/2024 pola que se estima parcialmente o recurso de reposición interposto polo COAG en impugnación da Resolución Nº 2024-0406 da alcaldía do Concello de Valga, de 20 de agosto de 2024, mediante a que se aprobaron as bases reguladoras do proceso selectivo, por concurso-oposición, dunha praza de arquitecto persoal laboral (BOP Pontevedra Nº 169 de 30 de agosto)
O recurso do COAG artellouse arredor de dúas alegacións: I.- A BAREMACIÓN DO MÉRITO CONSISTENTE EN FORMACIÓN: INDETERMINACIÓN E CONFUSIÓN DOS TERMOS DA CONVOCATORIA; INSEGURIDADE XURÍDICA. (cláusula 8 1 a) das bases). O COAG entendía que o mérito consistente en...
Xornada Concursos e contratación pública
Dende hai uns meses o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia está a traballar, conxuntamente co Consejo Superior de Colegios de Arquitectos de España, sobre a contratación pública e o sistema de concursos. Nesta liña, este xoves día 10 de outubro, a partir das 4 da...
Gravación da conferencia Chago: “O ferreiro de Compostela”
Está dispoñible en CanalCOAG a gravación da conferencia, celebrada o venres 4 de outubro, organizada pola Delegación de Santiago con motivo do outorgamento do III Premio de “Arquitectura para Un Mundo Mellor 2024” do COAG a Chago. O mestre artesán ofrécenos un...
Concurso revista Obradoiro
Tal e como se indica na Circular 16 2024, a Xunta de Goberno na súa sesión 28/2024 de 3 de outubro, adoptou o acordo de aprobar as bases do Concurso para a adxudicación do contrato de dirección e redacción da revista Obradoiro do Colexio Oficial de Arquitectos de...
Semana da Arquitectura de Ferrol 2024 – ALFREDO ALCALÁ NAVARRO
A Delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, a Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña e o Concello de Ferrol organizan a Semana da Arquitectura de Ferrol 2024 adicada á figura de Alfredo Alcalá Navarro, co fin de rendirlle unha...
En resposta á petición do COAG a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración amplía prazo de presentación de propostas na licitación do contrato de redacción do proxecto básico e de execución para a rehabilitación da escola de formación profesional e da clínica da antiga Fábrica de armas para a creación dun centro de formación especializado en novas ocupacións relacionadas coa transición verde e dixital na Cidade das TIC (A Coruña) cofinanciado pola Unión Europea no marco do programa do Fondo de Transición Xusta (expediente 2024_016_SXT_FCE).
A ampliación do prazo foi publicada no perfil do contratante na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia.
Xornada de apoio á actividade profesional + visita arquitectónica ao Pazo de Arenaza en Oleiros
A Delegación de A Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e o coworking do Pazo de Arenaza, integrante da Rede Provincial de Coworking da Deputación da Coruña, na súa misión conxunta de apoiar a actividade profesional dos colexiados/as, organizan...
Acto de celebración do 50 aniversario da creación do COAG
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou onte no Hostal dos Reis Católicos en Santiago o Acto de celebración do 50 aniversario da creación do COAG e a entrega da III edición do premio "Arquitectura para un mundo mellor" a Santiago Martínez Otero (Chago). O...




















