A Delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, a Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña e o Concello de Ferrol organizan a Semana da Arquitectura de Ferrol 2024 adicada á figura de Alfredo Alcalá Navarro, co fin de rendirlle unha sentida homenaxe na que compañeiros, familia, amigos e cidadáns podamos compartir, coñecer e valorar o gran legado que nos deixou.
As actividades levaranse a cabo o xoves día 10 de outubro e o venres día 11 de outubro, de acordo ao programa de actividades adxunto.
Todas as actividades son gratuítas e abertas ao público, sen necesidade de inscrición previa.
Deseño do cartel e programa: Blanca Escrigas