Xornada de apoio á actividade profesional + visita arquitectónica ao Pazo de Arenaza en Oleiros

7 Out 2024

A Delegación de A Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e o coworking do Pazo de Arenaza, integrante da Rede Provincial de Coworking da Deputación da Coruña, na súa misión conxunta de apoiar a actividade profesional dos colexiados/as, organizan unha Xornada dirixida a arquitectos/as –á que poderán sumarse tamén estudantes e profesionais da arquitectura–, na que se visitará a interesante rehabilitación do Pazo de Arenaza para destinalo a coworking especializado en arquitectura, ademais de abordar as necesidades relacionadas coa dispoñibilidade de espazos de traballo para a nosa profesión e de explicar o apoio que ofrece a Deputación da Coruña.

Esta xornada forma parte do programa da “Semana da Arquitectura da Coruña”, que se celebra do 7 ao 13 de outubro.

  • Data: 11 de outubro
  • Programa:
    • 12:00 h: Servizo de traslado en autobús, facilitado pola organización, dende a explanada de PALEXCO, fronte ao Pazo Provincial da Deputación da Coruña.
    • 12:20 h: Inicio da xornada no Pazo de Arenaza
      • Debate sobre as necesidades espaciais dos profesionais da arquitectura para desenvolver o seu traballo.
      • Visita arquitectónica ao Pazo de Arenaza, guiada polo arquitecto Antonio Pernas Varela, quen xunto con Pilar Sánchez Cid foron os responsables da exemplar rehabilitación deste Pazo.
    • 14:00 h: Fin da xornada e regreso á Coruña para as persoas participantes que precisen do servizo de transporte.

Inscricións: A través da seguinte ligazón https://form.jotform.com/242801523648052 ou enviando un correo a presidenta.coruna@coag.es. As prazas son limitadas.

Transporte: Facilitarase servizo de autobús ás persoas inscritas, con saída desde a Explanada de Palexco, fronte ao Pazo Provincial da Deputación da Coruña ás 12:00 h., con parada intermedia en Alfonso Molina (Plaza de Madrid, parada do Especial da Universidade ao lado da estación de servizo de Repsol) e en sentido saída da Coruña á altura da estación de autobuses, ás 12:10 h.

ORGANIZAN:

Delegación de A Coruña do COAG e Pazo de Arenaza, Deputación da Coruña

DATA:

Venres 11 de outubro 2024 – 12:00 horas

LUGAR:

PAZO DE ARENAZA

Iñás, s/n, 15171 Oleiros, A Coruña

(saída en autobús dende a explanada de PALEXCO, con parada intermedia en Alfonso Molina)

Compartir