Os xoves 24 e 31 de outubro celebraranse dúas xornadas en liña de #COAGconta: Orientacións para a integración de PRL no deseño de cubertas, que tratarán os criterios de Prevención de Riscos Laborais a ter en conta durante o deseño de intervencións a realizar nas cubertas dos edificios.
- A primeira xornada, acerca de Sistemas de protección para traballos en cubertas: Liñas de vida celebrarase o xoves 24 de outubro de man de Ramón Rodilla Marcos, Arquitecto Técnico con Posgrao Oficial en Prevención de Riscos Laborais.
- A segunda xornada, “A responsabilidade dos proxectistas en materia de seguridade e saúde para a prevención de sinistros laborais” será impartida o xoves 31 de outubro por Eva Fernández Pardo, Inspectora de Traballo e Seguridade Social da Coruña.
Así, o xoves 24 de outubro, ás 12 da máñá, celebrarase a primeira xornada, onde se sintetizará a normativa aplicable en relación á obrigación de prever sistemas de protección para traballos posteriores ao CFO nas edificacións proxectadas, e adquirir coñecementos básicos e fundamentais do deseño e implantación dos sistemas de protección contra caídas a distinto nivel, coñecendo os equipos de protección individual cos que se traballa e a maneira na que protexen. Falarase tamén sobre que documentación é necesaria para legalizar unha instalación como está, para poder indicar no Libro do Edificio a maneira de traballar empregando os sistemas proxectados e tamén poder indicar os mantementos periódicos que deban de ter.
Para o seguimento en directo das xornadas, é necesaria inscrición en cada unha delas na seguinte [+ ligazón]
NOTA: Os colexiados/as subscritos aos servicios de formación ou asesoramento, así como aqueles que se inscriban na xornada, poderán acceder á grabación da mesma na nova páxina de grabacións, exclusiva para colexiados.
Colabora