O recurso do COAG artellouse arredor de dúas alegacións:
I.- A BAREMACIÓN DO MÉRITO CONSISTENTE EN FORMACIÓN: INDETERMINACIÓN E CONFUSIÓN DOS TERMOS DA CONVOCATORIA; INSEGURIDADE XURÍDICA. (cláusula 8 1 a) das bases). O COAG entendía que o mérito consistente en “formación” no estaba regulado de forma suficientemente clara nas bases nin no relativo aos cursos a valorar nin á súa concreta valoración. A resolución non acolle esta alegación.
II.- A segunda e máis importante alegación do recurso versaba sobre A VALORACIÓN DO MÉRITO CONSISTENTE NA “EXPERIENCIA PROFESIONAL”: ENTENDEÍA O COAG QUE OS TERMOS EN QUE SE VALORA A EXPERIENCIA PROFESIONAL RESULTAN DISCRIMINATORIOS E CONTRARIOS AOS PRINCIPIOS DE IGUALDADE, MÉRITO E CAPACIDADE debido a que existía unha prevalencia absoluta e unha desproporción manifesta na valoración da prestación de servizos no propio concello de Valga, tanto na categoría obxecto da convocatoria como noutras distintas, en demérito da prestación de servizos na categoría obxecto da convocatoria noutras Administracións Públicas. (cláusula 8.1 b) das bases). A resolución municipal do recurso acolle esta alegación.
A resolución municipal conclúe:
“(…) RESOLVO:
PRIMEIRO: Estimar o recurso de reposición interposto con data 30 de setembro de 2024, por parte do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, instando a impugnación da Convocatoria e Bases reguladoras do proceso selectivo para cubrir unha praza de arquitecto/a persoal laboral para o Concello de Valga (Decreto de Alcaldía 2024-0406), publicado o 30 de agosto de 2024 no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, ao entender que as Bases, conforme están redactadas en canto a valoración de méritos – experiencia profesional, apartado 1.b) da Base 8ª-, incumpren os principios de igualdade, mérito e capacidade que deben presidir os procesos selectivos, tal e como establece a xurisprudencia (…) .
SEGUNDO: Proceder á anulación das Bases para a selección dunha praza de arquitecto/a persoal laboral para o Concello de Valga (Decreto de Alcaldía 2024-0406), publicado o 30 de agosto de 2024 no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, núm. 169, do 30 de agosto.
TERCEIRO: Retrotraer as actuacións ao momento de ditar resolución aprobando as bases da convocatoria, ordenado a aprobación das novas bases, conforme á lexislación vixente.
(…)”