A ampliación do prazo foi publicada no perfil do contratante na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia.
Alegacións
O COAG remitiu unha carta á Consellería de Emprego, Comercio e Emigración solicitando a ampliación de prazo de presentación de propostas na licitación do contrato de redacción do proxecto básico e de execución para a rehabilitación da escola de formación profesional e da clínica da antiga Fábrica de armas para a creación dun centro de formación especializado en novas ocupacións relacionadas coa transición verde e dixital na Cidade das TIC (A Coruña) cofinanciado pola Unión Europea no marco do programa do Fondo de Transición Xusta (expediente 2024_016_SXT_FCE).
O COAG remitiu ao Concello de Santiago unha solicitude de ampliación do prazo de presentación de propostas. licitación que se encontra en tramitación para adxudicación do contrato de servizos de redacción de Proxecto Básico e Execución (pbe) e dirección facultativa (DO+DI+CSS) do “Barrio verde de Pontepedriña: renaturalización da mazá e creación dun corredor ecolóxico urbano”. expediente: con2024000004.
Á vista do previsto nos pregos e a proposta que hai que presentar, o COAG estima que o prazo de presentación de propostas previsto no é acaído e resulta insuficiente para preparar unha proposta coa debida calidade.
Alegacións do COAG ao Estudo de Impacto Ambiental do proxecto de Greenfiber en Palas de Rei
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), por acordo da Xunta de Goberno do 17 de Abril de 2024, ven de presentar alegacións ao Estudo de Impacto Ambiental do proxecto industrial que a firma Greenfiber (Altri e Greenalia) ten intención de instalar no...
O COAG remite un escrito alegacións ao Concello da Estrada solicitando a modificación dos criterios de adxudicación, a desistencia da licitación para a adxudicación do contrato de servizos de arquitectura para a redacción do proxecto “Peonización da Praza da Farola”, e a convocatoria dun novo procedemento no que ditos criterios sexan conforme ao previsto legalmente. Expediente 6816/2023.
Os criterios de adxudicación previstos consistían nunha proposta técnica (25 puntos) e nunha oferta económica (75 puntos). O COAG alegou que ditos criterios eran contrarios ao previsto legalmente, xa que o artigo 145 Lei 9/2027 de Contratos do Sector Público establece...
Alegacións presentadas polo COAG á revisión do PXOM de Vigo
Poden consultarse na Circular 1 2022 Vigo.
Alegacións presentadas á aprobación inicial do proxecto do Concello de Antas de Ulla en relación co Plan especial de infraestruturas e dotacións para a creación do Parque Central-Centro Xeográfico de Galicia
Texto das alegacións presentadas. Texto da aprobación inicial.
A Deputación de Lugo responde ao escrito remitido polo COAG en relación en relación ao borrador de Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións para a creación do “Parque Central – Centro Xeográfico De Galicia” en Antas De Ulla
Informa o seguinte: - Que para a elaboración de dito plan conta cun equipo multidisciplinar no que hai Enxeñeiros de Montes, Enxeñeiros Forestais, Enxeñeiro Agrícola, Enxeñeiro de Camiños e Arquitecto; aclara que as edificacións incorporadas ao borrador do plan e o...
O COAG remite unha carta conxuntamente co Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda soliciitando a ampliación do prazo previsto na Disposición Transitoria Primeira do Decreto 61/2021, de 8 de abril, desa Consellería polo que se regula o informe de avaliación dos edificios e se crea o Rexistro Galego de Informes de Avaliación dos Edificios.
Enlace á carta.
O COAG remite un escrito en defensa da profesión ao Presidente da Deputación Provincial de Lugo en relación ao borrador de Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións para a creación do “Parque Central – Centro Xeográfico De Galicia” en Antas De Ulla
Enlace ao escrito.