O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou onte no Hostal dos Reis Católicos en Santiago o Acto de celebración do 50 aniversario da creación do COAG e a entrega da III edición do premio “Arquitectura para un mundo mellor” a Santiago Martínez Otero (Chago).
O decano do COAG, Luciano Alfaya; o presidente da Xunta, Alfonso Rueda; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco Lobeiras; a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín e a conselleira de Vivenda, María Marínez Allegue, presidiron o evento.