Categoría

Concello de As Pontes de García Rodríguez – Unha praza de Arquitecto/a

Concello de Lugo – Unha praza de Arquitecto/a

No BOE de 27 de decembro, publícase a resolución de 18 de decembro de 2024, do Concello de Lugo, referente á convocatoria para proveer unha praza de Arquitecto/a, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Técnica, mediante o sistema de oposición, en turno libre. read more…

Concello de As Pontes de García Rodríguez – Unha praza de Arquitecto/a

Concello de Culleredo – Dúas prazas de arquitecto/a

No BOE de 26 de decembro, publícase a Resolución de 16 de decembro de 2024 , do Concello de Culleredo (A Coruña), referente á convocatoria para proveer dúas prazas de Arquitecto/a, pertencentes á escala de Administración Especial, subescala Técnica e clase Superior, mediante o sistema de concurso-oposición, en turno libre. read more…

#COAGconta: A rehabilitación veciñal

#COAGconta: A rehabilitación veciñal

O mércores 15 de xaneiro ás 12:00 horas, Eduardo Alonso Lois explicaranos todos os aspectos importantes da rehabilitación veciñal.

A xornada ten como obxectivo dar resposta á crecente necesidade de rehabilitar, sendo conscientes da complexidade do proceso, que require acompañar a cidadáns, veciños, administracións públicas, estudos de arquitectura e a todo aquel que se dedique a informar a poboación xeral sobre cuestións relacionadas coa rehabilitación dos seus edificios de vivendas, para contar cunha idea xeral de que é e como poñela en marcha.

REHABILITACIÓN INTEGRAL PLANIFICADA FRONTE A REFORMAS PARCIAIS E DESORDENADAS
OS BENEFICIOS DA REHABILITACIÓN INTEGRAL
A NECESIDADE DE ARQUITECTO
REHABILITAR PASO A PASO
AS ESCALAS DA REHABILITACIÓN
PROPOSTAS ÁS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS
OS BENEFICIOS ECONÓMICOS
MATERIAL DE APOIO

Para o seguimento en directo da xornada, é necesaria inscrición na seguinte  [+ ligazón]

Colabora

Apertura da plataforma de presentación de candidaturas aos XXI Premios COAG de Arquitectura

Apertura da plataforma de presentación de candidaturas aos XXI Premios COAG de Arquitectura

Tal e como se anunciou na Circular 25 2024, convocouse a vixésimo primeira edición dos Premios COAG de Arquitectura (2022-2024), a conceder a obras de arquitectura nas categorías que se indican, realizadas no ámbito territorial do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia ou, no caso da categoría “Obra no exterior”, fóra de Galicia realizadas por arquitectos/as galegos. A continuación figuran as indicacións para acceder ao enlace de presentación de candidaturas.

read more…

Convocatoria de ayudas para las actividades que tengan por objeto la difusión, el fomento y la investigación de la arquitectura correspondientes al año 2024

Convocatoria de ayudas para las actividades que tengan por objeto la difusión, el fomento y la investigación de la arquitectura correspondientes al año 2024

En Ministerio de Vivienda y Agenda Urbana convoca ayudas por 2,5 millones de euros para proyectos de difusión, fomento e investigación de la Arquitectura. La finalidad de las ayudas es la difusión del potencial transformador de la Arquitectura a través de actividades como publicaciones, exposiciones, instalaciones, congresos, festivales, jornadas, programas formativos, talleres, ponencias, proyectos audiovisuales u otros de similar naturaleza. read more…

Curso “Revisión e aplicación das Normas de habitabilidade de vivendas (NHV)”

Curso “Revisión e aplicación das Normas de habitabilidade de vivendas (NHV)”

O obxectivo deste curso é facer unha revisión xeral das Normas de Habitabilidade de Galicia (NHV) e a súa modificación introducida polo Decreto 128/2023, do 7 de setembro, recompilando os seus principios de igualdade, accesibilidade, seguridade e sustentabilidade. Esta revisión pretende simplificar e eliminar redundancias con outras normativas, dotándoas dunha maior claridade de interpretación técnica e corrixindo criterios de aplicación mal entendidos.

Repasaremos os criterios de excepcionalidade que permiten a rehabilitación de edificios e vivendas, compatibilizando os requirimentos de habitabilidade cos de protección do patrimonio, co obxecto de facilitar a renovación e protección do patrimonio xa construído. Tamén revisaremos a excepcionalidade no caso de aplicar posibles cambios e innovacións tecnolóxicas, reflexo da evolución da sociedade e as novas formas de habitar e de vivir das persoas. Nesta análise recolleremos tamén as necesidades derivadas do contexto actual do sector inmobiliario, especialmente no referente ao progresivo abandono dos locais comerciais, que motiva os cambios de uso destes locais a vivenda, pero sen menoscabar as mínimas condicións de calidade, seguridade e intimidade desas “novas” vivendas.

Todo iso, desde o punto de vista de que garantir a calidade e habitabilidade dos espazos habitados que compoñen as vivendas galegas mellorará o confort, o benestar e a saúde dos seus moradores.

Prezos de matrícula

  • Matrícula ordinaria: 80 euros
  • Arquitectos colexiados: 50 euros
  • Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 25 euros

Metodoloxía

  • Flexibilidade para o alumno.
  • Enfoque práctico.
  • Fomento da participación.
  • O curso desenvólvese en modalidade integramente online, utilizando como soporte a plataforma de formación en liña do COAG (moodle.coag.es). Esta plataforma será o medio a través do que se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán.
Aforo e prazos de matrícula
O aforo é limitado. As prazas asignaranse por rigorosa orde de matriculación.
  • Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o martes 07/01/2025 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
  • Todas as modalidades: dende as 23:59 h do martes 07/01/2025 ata o luns 13/01/2025 ás 23:59h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles. 

Programa completo e matrícula

No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explicanse as actividades que integran en curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.
[+ matriculación e programa completo do curso]

Concello de As Pontes de García Rodríguez – Unha praza de Arquitecto/a

Concello de Lugo – Unha praza de Arquitecto/a

No BOE de 27 de decembro, publícase a resolución de 18 de decembro de 2024, do Concello de Lugo, referente á convocatoria para proveer unha praza de Arquitecto/a, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Técnica, mediante o sistema de oposición, en...

Concello de As Pontes de García Rodríguez – Unha praza de Arquitecto/a

Concello de Culleredo – Dúas prazas de arquitecto/a

No BOE de 26 de decembro, publícase a Resolución de 16 de decembro de 2024 , do Concello de Culleredo (A Coruña), referente á convocatoria para proveer dúas prazas de Arquitecto/a, pertencentes á escala de Administración Especial, subescala Técnica e clase Superior,...