No BOE de 27 de decembro, publícase a resolución de 18 de decembro de 2024, do Concello de Lugo, referente á convocatoria para proveer unha praza de Arquitecto/a, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Técnica, mediante o sistema de oposición, en turno libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles a contar desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial do Estado.