Tal e como se anunciou na Circular 25 2024, convocouse a vixésimo primeira edición dos Premios COAG de Arquitectura (2022-2024), a conceder a obras de arquitectura nas categorías que se indican, realizadas no ámbito territorial do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia ou, no caso da categoría “Obra no exterior”, fóra de Galicia realizadas por arquitectos/as galegos. A continuación figuran as indicacións para acceder ao enlace de presentación de candidaturas.
As obras presentadas deberán ter sido rematadas entre o 1 de outubro de 2022 e o 30 de setembro de 2024, excepto na categoría “Obra no exterior” que, ao tratarse dunha nova categoría, poderán presentarse candidaturas rematadas dende o 1 de outubro de 2018.
As categorías destes premios son as seguintes:
1.- Vivenda Unifamiliar.
2.- Vivenda Plurifamiliar.
3.- Outros edificios.
4.- Obras de rehabilitación patrimonial e restauración.
5.- Obras de Deseño Interior.
6.- Arquitecturas Efémeras e Deseño de pequena escala.
7.- Planificación Urbana.
8.- Deseño de espazos urbanos, xardinaría e paisaxismo.
9.- Divulgación e Investigación.
10.- Proxecto Fin de Carreira.
11.- Obra no exterior.
12.- Categoría especial: Premio a toda a Traxectoria Profesional.
O prazo de presentación das propostas remata ás 23:59 horas do luns 20 de xaneiro do 2025.
Plataforma web para a presentación de candidaturasPara presentar as candidatuas deberase acceder co usuario e contrasinal da web do COAG.
Só no caso de que sexas arquitecto non colexiado, ou arquitecto colexiado no estranxeiro que nunca estivo colexiado nun Colexio de Arquitectos de España, deberás cubrir o seguinte formulario para obter as túas credenciais de acceso á plataforma de presentación: