Categoría
Aberto prazo de matrícula para o Curso “Servidumes e limitacións sectoriais”_COAG-EGAP
Atópase aberto o prazo de matrícula para o curso “Servidumes e limitacións sectoriais“, o terceiro dos cursos coorganizados polo COAG e a EGAP, que forman parte do itinerario formativo en urbanismo e ordenación do territorio.
Este curso ten como obxectivo que o alumnado poida adquirir os coñecementos necesarios en relación á normativa e os procedementos de tramitación que regulan as diferentes afeccións sectoriais, as interaccións entre elas e a súa compatibilidade co planeamento.
Exporanse os aspectos fundamentais relacionados coa normativa e esixencias derivadas das diferentes afeccións sectoriais, que se complementarán con diversos exemplos prácticos de aplicación real dos aspectos estudados, prestando especial atención á aplicación da normativa e aos procedementos de tramitación das autorizacións vinculadas ás distintas autorizacións de obras e actividades.
NOTA: este curso forma parte do itinerario formativo do Curso Superior de Técnico de Urbanismo. A normativa sectorial relacionada con estradas e augas ,xa desenvolvidas no percorrido anterior do Curso Superior, non se repetirá mais proporcionarase a documentación correspondente a través da plataforma moodle para a súa consulta.
Oferta de emprego
Estudo de arquitectura con sede en Vigo selecciona arquitecto/a asalariado.
Gravación #COAGconta: A rehabilitación veciñal
Xa está colgada a gravación do #COAGconta: A rehabilitación veciñal que tivo como obxectivo dar resposta á crecente necesidade de rehabilitar, sendo conscientes da complexidade do proceso, que require acompañar a cidadáns, veciños, administracións públicas, estudos de arquitectura e a todo aquel que se dedique a informar a poboación xeral sobre cuestións relacionadas coa rehabilitación dos seus edificios de vivendas, para contar cunha idea xeral de que é e como poñela en marcha.
REHABILITACIÓN INTEGRAL PLANIFICADA FRONTE A REFORMAS PARCIAIS E DESORDENADAS
OS BENEFICIOS DA REHABILITACIÓN INTEGRAL
A NECESIDADE DE ARQUITECTO
REHABILITAR PASO A PASO
AS ESCALAS DA REHABILITACIÓN
PROPOSTAS ÁS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS
OS BENEFICIOS ECONÓMICOS
MATERIAL DE APOIO
Para ver a gravación pica na seguinte [+ ligazón]
Colabora ![]()
#COAGconta: Programa primeiro semestre 2025
Xa están dispoñibles a definición, temáticas, modalidades e programación completa de #COAGconta para o primeiro semestre do ano [xaneiro – xuño], á que iremos engadindo novidades.
Eleccións AGAAP 2025: censo electoral
Conforme ao previsto na circular 28/2024, lémbrase que o vindeiro 13 de marzo de 2025 terán lugar as eleccións para seleccionar á Xunta Directiva da Agrupación Galega de Arquitectas e Arquitectos nas Administracións Públicas do COAG. read more…
Acto de entrega dos Premios Gran de Area 2024
O vindeiro sábado 25 de xaneiro, terá lugar no Espazo Socio Cultural Tui o acto de entrega de diplomas aos premiados na edición 2024 dos Premios Gran de Area, organizados polas Delegacións de Vigo, Ourense e Pontevedra do Colexio de Arquitectos. read more…
Resultado do concurso para a adxudicación do contrato de dirección e redacción da revista “Obradoiro” do COAG, números 35-36-37.
A Xunta de Goberno, na súa sesión 1/2025, con data 16 de xaneiro, acordou aprobar da proposta de resolución elaborada polo xurado designado para a valoración das candidaturas presentadas ao concurso para a adxudicación do contrato de dirección e redacción da revista “Obradoiro” do COAG, números 35-36-37.
En relación coas 5 propostas presentadas ao concurso, determinouse adxudicar os seguintes premios:
1º premio para equipo integrado por: Manuel Bouzas Barcala (nº 5465), María Fandiño Iglesias (nº 4881), Roi Salgueiro Barrio (nº 2731) e Teresa Sánchez Táboas (nº 4547).
2º premio para o equipo integrado por: Carlos Quintáns Eiras (Nº 1171), Santiago De Molina, Ángel Mártinez García-Pousada, Mariña Otero Verzier, Teresa Ferreira, Marta Sequeira, Carlos Antunes, Désirée Pedro, Marta Recuncho, Zaida García Coag (Nº 4432); Deseño Gráfico: Cristina Ayala, Fotografía e Dirección De Arte: Juan Rodriguez Vázquez, Redes Sociais E Produción: Lorena Pabst Fernández e Produción: María Quintáns Granados
3º Premio ao equipo integrado por: Stefano Daniele Ciurlo Walker (Nº 4610), Aurora Armental Ruiz (Nº 3317), Cristina García Fontán (Nº 2754), Isabel Concheiro, Luis Díaz Díaz, Andrés Fraga Pérez e Nuria Casais.
Pode consultar o texto íntegro da comunicación do resultado no seguinte enlace: Circular 1 2025
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados na primeira quincena do mes de xaneiro de 2025
Oferta de formación por Beca FUAC_FEUGA
Estudo de arquitectura con sede en VIGO selecciona arquitecto/a para formación por beca FUAC / FEUGA read more…
Axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos en edificacións privadas
RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas, xestionadas polo Instituto de Estudos do Territorio, e se establece a súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento MT402A).
Aberto prazo de matrícula para o Curso “Servidumes e limitacións sectoriais”_COAG-EGAP
Atópase aberto o prazo de matrícula para o curso "Servidumes e limitacións sectoriais", o terceiro dos cursos coorganizados polo COAG e a EGAP, que forman parte do itinerario formativo en urbanismo e ordenación do territorio. Este curso ten como obxectivo que o...
Oferta de emprego
Estudo de arquitectura con sede en Vigo selecciona arquitecto/a asalariado. Funcións: Desenvolvemento de documentos gráficos e escritos para proxectos e concursos Requisitos: Manexo de BIM (Revit). Non se precisa experiencia. Contrato: Asalariado Interesados: C.V. a...
Gravación #COAGconta: A rehabilitación veciñal
Xa está colgada a gravación do #COAGconta: A rehabilitación veciñal que tivo como obxectivo dar resposta á crecente necesidade de rehabilitar, sendo conscientes da complexidade do proceso, que require acompañar a cidadáns, veciños, administracións públicas, estudos de...
#COAGconta: Programa primeiro semestre 2025
Xa están dispoñibles a definición, temáticas, modalidades e programación completa de #COAGconta para o primeiro semestre do ano [xaneiro - xuño], á que iremos engadindo novidades. #COAGconta é unha canle a través da que os colexiados poden obter a información...
Eleccións AGAAP 2025: censo electoral
Conforme ao previsto na circular 28/2024, lémbrase que o vindeiro 13 de marzo de 2025 terán lugar as eleccións para seleccionar á Xunta Directiva da Agrupación Galega de Arquitectas e Arquitectos nas Administracións Públicas do COAG. Nesa mesma circular, indícase que...
Acto de entrega dos Premios Gran de Area 2024
O vindeiro sábado 25 de xaneiro, terá lugar no Espazo Socio Cultural Tui o acto de entrega de diplomas aos premiados na edición 2024 dos Premios Gran de Area, organizados polas Delegacións de Vigo, Ourense e Pontevedra do Colexio de Arquitectos. O acto consistirá en:...
Resultado do concurso para a adxudicación do contrato de dirección e redacción da revista “Obradoiro” do COAG, números 35-36-37.
A Xunta de Goberno, na súa sesión 1/2025, con data 16 de xaneiro, acordou aprobar da proposta de resolución elaborada polo xurado designado para a valoración das candidaturas presentadas ao concurso para a adxudicación do contrato de dirección e redacción da revista...
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados na primeira quincena do mes de xaneiro de 2025
No apartado da zona de normativa da web colexial, na súa marxe esquerda, os subscritores do servizo de Normativa, poden acceder á Normativa e acordos de interese publicados na primeira quincena do mes de xaneiro de 2025 no D.O. Galicia, B.O.E, D.O.CC.EE, e nos catro...
Oferta de formación por Beca FUAC_FEUGA
Estudo de arquitectura con sede en VIGO selecciona arquitecto/a para formación por beca FUAC / FEUGA Funcións: colaborar en tareas do estudio baixo supervisión. Contrato: Beca 6 meses. Interesados: C.V. a estudio@freireyvazquez.es
Axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos en edificacións privadas
RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas, xestionadas polo Instituto de...