RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas, xestionadas polo Instituto de Estudos do Territorio, e se establece a súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento MT402A).
No Diario Oficial de Galicia de 9 de xaneiro de 2025 se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas, xestionadas polo Instituto de Estudos do Territorio, e se establece a súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento MT402A), tramitado como expediente anticipado de gasto.
Aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública para o ano 2025 para a concesión das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas.
1. Poderán ser beneficiarias desta subvención as persoas físicas titulares dun inmoble ou ben sobre o que pretendan realizar algunha/s das actuacións establecidas no ordinal segundo da presente resolución.
2. Só caberá presentar unha solicitude por persoa e ben. Cada solicitude poderá conter varias actuacións.
3. A persoa solicitante deberá ser propietaria do terreo, inmoble ou ben en que se pretende realizar as actuacións e deberá acreditar a súa plena dispoñibilidade, como mínimo, durante o período en que se manteñen as obrigas que asume o beneficiario da axuda previstas no ordinal 19.
Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes e acreditarase, na fase de solicitude, mediante a sinatura da correspondente declaración responsable de propiedade e plena dispoñibilidade incluída no anexo I.
Na fase de xustificación, e no caso de tratarse de copropiedades, debe achegarse a autorización de todos os copropietarios relativa á realización da actuación para a que se solicita a axuda. Todo isto sen prexuízo das comprobacións que se poidan realizar para tal efecto desde o Instituto de Estudos do Territorio e que poden comprender a solicitude da documentación acreditativa da titularidade ao interesado con carácter previo á xustificación.
4. Todas as actuacións deberán contar, sempre e en todo caso, coa comunicación previa ou, de ser necesaria, a correspondente licenza municipal. Todo isto sen prexuízo dos restantes informes ou autorizacións, municipais ou sectoriais, que sexan precisos.
Para estes efectos, o cumprimento do dito requisito acreditarase na fase de xustificación, sen prexuízo da declaración responsable na fase de solicitude.
5. Non poderán obter a condición de persoa beneficiaria aquelas persoas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursa nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable da persoa solicitante, incluída no anexo I da presente resolución.
6. O incumprimento de calquera das condicións ou requisitos establecidos neste punto constituirá causa de inadmisión da solicitude ou de perda do dereito ao cobramento da axuda, sen prexuízo de calquera outra que poida derivar da normativa aplicable.
Para acceder ao DOG pica eiquí
Sede electrónica para solicitudes MT402A