Categoría
Concello de Xermade – Unha praza de arquitecto/a municipal
No DOG de 10 de xuño, publícase o anuncio do Concello de Xermade de convocatoria do proceso selectivo para a cobertura dunha praza de arquitecto/a municipal. read more…
O COAG presenta recurso contencioso administrativo contra a resolución do Concello de Meaño pola que se desestima o recurso de reposición interposto polo COAG en impugnación dos pregos da licitación do Contrato de servizos de redacción do “Proxecto de execución dun acceso de mobilidade peonil amable, próximo ao bordo costeiro en Seixiños”
Descarbonizar as calefaccións centrais en España. Guía para profesionais. CSCAE
Presentación da publicación: Descarbonizar as calefaccións centrais en España. Guía para profesionais. CSCAE
Ofrece solucións tecnolóxicas prácticas para a substitución e mellora destes sistemas
No marco da actividade formativa que impulsa o Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España (CSCAE), coa colaboración de todos os Colexios de Arquitectos, para ofrecer aos/as profesionais colexiados/as as ferramentas necesarias para liderar a transformación do parque de edificios e vivendas no noso país, o mércores, 11 de xuño, presentarase a publicación Descarbonizar as calefaccións centrais en España. Guía para profesionais.
Promovida pola European Climate Foundation, e coa colaboración de Tecnalia, a publicación forma parte do estudo Descarbonizar as calefaccións centrais en España, do que, no outono de 2024, publicouse un primeiro informe de contexto e recomendacións ás Administracións Públicas para o seu impulso. Agora, nesta segunda publicación, dirixida expresamente a profesionais, caracterízanse as solucións tecnolóxicas prácticas para a substitución e mellora destes sistemas de calefacción en proxectos de rehabilitación.
En España, segundo datos do Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana, máis de 1,7 millóns de fogares en edificios plurifamiliares contan con calefacción central, o que representa o 10,5% das vivendas con servizo de calefacción. No seu conxunto, preto do 60% das vivendas do parque edificado español necesitan unha rehabilitación enerxética.
Na xornada intervirán a presidenta do CSCAE, Marta Vall-llossera; o secretario xeral do CSCAE, Laureano Matas; a coordinadora da Rede de Oficinas de Apoio á Rehabilitación (Rede OAR) dos Colexios de Arquitectos entre 2022 e 2025 e coordinadora do estudo, Elvira López; o arquitecto Manuel Rodríguez, responsable da revisión da publicación, e Pablo de Agustín Camacho, investigador de Tecnalia.
Por último, abrirase unha quenda para resolución de dúbidas e preguntas.
XORNADA TÉCNICA: PRESENTACIÓN DA PUBLICACIÓN DESCARBONIZAR As CALEFACCIÓNS CENTRAIS EN ESPAÑA. GUÍA PARA PROFESIONAIS
Streaming: Pica aquí
Día: Mércores, 11 de xuño
Hora: 16:30 a 18:30
Xornadas «Cómo enfrontarse á xubilación»
Os vindeiros días 10 e 17 de xuño, de 19:00h a 20:30h, celebraremos dúas xornadas en liña nas que abordaremos os principais aspectos implicados no cesa da actividade dos arquitectos no momento da xubilación.
Xornada 1: Os sistemas de previsión social e o cobro da prestación por xubilación. Martes, 10 de xuño, 19:00 h
A primeira xornada, que terá lugar o martes día 10, ás 19:00h, estará centrada en todo o relacionado cos sistemas de previsión social e o cobro das prestacións por xubilación. Pola súa importancia e actualidade, dedicaremos parte da xornada a tratar as últimas novidades en relación coa pasarela ao RETA para os arquitectos mutualistas, e a proposición de Lei cuxa tramitación parlamentaria iniciouse o pasado 6 de maio no Congreso dos Deputados, coa a probación da súa toma de consideración [+información].
Intervirán nesta primeira xornada:
-
Ana Rodríguez Luaces. Arquitecta. Vicepresidenta da Delegación Galicia da Asociación Nacional de Mutualistas Arquitectos ANMARQ.
-
Victoria Regueira Rodríguez. Membro do Corpo Superior de Letrados da Administración da Seguridade Social. Letrada xefa do Servizo Xurídico Delegado no ISM da Coruña.
-
Enrique Urdiales de Santiago. Arquitecto. Área Técnica do COAG.
Para o seguimento en liña desta primeira xornada, é imprescindible a inscrición previa na seguinte ligazón:
- Inscrición na Xornada 1: [Os sistemas de previsión social e o cobro da prestación por xubilación]. Martes, 10 de xuño, 19:00 h
Xornada 2: O cesamento na actividade. Martes, 17 de xuño, 19:00 h
A segunda xornada, que terá lugar o martes día 17, ás 19:00h, estará dedicada a tratar toda a problemática asociada ao cesamento na actividade, sobre todo no caso dos traballos cuxas responsabilidades legais non prescribiron no momento do cesamento. Así, falaremos de como pechar obras ou actuacións profesionais fronte a todos os axentes implicados, e dalgunhas situacións especiais que, pola súa natureza, presentan unha problemática particular.
Intervirán nesta segunda xornada:
-
Alicia Romaní Bóveda. Arquitecta. Membro do consello de ASEMAS.
-
Enrique Urdiales de Santiago. Arquitecto. Área Técnica do COAG.
Para o seguimento en liña desta segunda xornada, é imprescindible a inscrición previa na seguinte ligazón:
- Inscrición na Xornada 2: [O cesamento na actividade]. Martes, 17 de xuño, 19:00 h
Conferencia de Juan Ignacio del Cueto
O xoves 12 de xuño, ás 19:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a conferencia de Juan Ignacio del Cueto Ruiz-Funes, que leva por título: «A arquitectura de Félix Candela: unha revisión dende a contemporaneidade». Esta conferencia está enmarcada na viaxe a Europa do académico e investigador mexicano, do que queremos destacar a intensa actividade editora, divulgadora e investigadora da obra do mestre mexicano Félix Candela (1910-1997). read more…
Curso Arquitecto/a Experto/a en Mediación y Conciliación, válido para inscribirse como Mediador/a en el Ministerio de Justicia
Con la entrada en vigor de la Ley Orgánica 1/2025, la mediación y los MASC (Medios Adecuados de Solución de Controversias) se convierten en un paso obligatorio previo a la vía judicial en conflictos civiles y mercantiles. Esta reforma no solo transforma el sistema de justicia: abre nuevas oportunidades para los/as arquitectos/as. read more…
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados no mes de maio de 2025
Presentación do libro “Mis casas” de César Portela
O Colexio de Arquitectos de Galicia e a Delegación de Pontevedra comprácense en convidarvos á presentación do libro titulado “Mis Casas”, do arquitecto César Portela, un volume que nos ofrece un percorrido íntimo polas vivendas unifamiliares proxectadas polo autor ao longo da súa dilatada traxectoria profesional, moitas delas deseñadas para amigos, ou clientes que co tempo se converteron en amigos.
Anuncio de publicación das Bases do Concurso internacional para a redacción do “Máster Plan Coruña Marítima”
Informámoste de que está aberto o prazo, que durará até o 1 de agosto, para presentar solicitudes de participación no Concurso Internacional para a realización do “Máster Plan Coruña Marítima.
Bases do Concurso Internacional para a realización do “Máster Plan Coruña Marítima”:
https://www.corunamaritima.com/w/en-marcha-el-concurso-de-coru%C3%B1a-mar%C3%ADtima
Número de Expediente 2025/I/056_P-1500.01.A.05
Publicado en la Plataforma de Contratación del Sector Público el 28-05-2025 a las 10:07 horas.
Esta información engadirase á páxina onde imos colgando toda a información recibida sobre o Porto da cidade e que podes consultar aquí: https://portal.coag.es/acoruna/documentacion-basica-de-referencia-sobre-o-bordo-litoral-portuario-da-coruna/
Concello de Entrimo: 1 praza de Arquitecto/a
No BOP Ourense de 30 de maio, publícase o Anuncio da convocatoria e bases para a selección por concurso – oposición dun/unha funcionario/a interino/a por programas, a xornada completa, arquitecto/a read more…
Concello de Xermade – Unha praza de arquitecto/a municipal
No DOG de 10 de xuño, publícase o anuncio do Concello de Xermade de convocatoria do proceso selectivo para a cobertura dunha praza de arquitecto/a municipal. Enlace ao DOG No BOP-Lugo de 19 de maio, publícase o anuncio do Concello de Xermade coa Convocatoria e bases...
O COAG presenta recurso contencioso administrativo contra a resolución do Concello de Meaño pola que se desestima o recurso de reposición interposto polo COAG en impugnación dos pregos da licitación do Contrato de servizos de redacción do “Proxecto de execución dun acceso de mobilidade peonil amable, próximo ao bordo costeiro en Seixiños”
Descarbonizar as calefaccións centrais en España. Guía para profesionais. CSCAE
Presentación da publicación: Descarbonizar as calefaccións centrais en España. Guía para profesionais. CSCAE Ofrece solucións tecnolóxicas prácticas para a substitución e mellora destes sistemas No marco da actividade formativa que impulsa o Consello Superior dos...
Xornadas «Cómo enfrontarse á xubilación»
Os vindeiros días 10 e 17 de xuño, de 19:00h a 20:30h, celebraremos dúas xornadas en liña nas que abordaremos os principais aspectos implicados no cesa da actividade dos arquitectos no momento da xubilación. Xornada 1: Os sistemas de previsión social e o cobro da...
Conferencia de Juan Ignacio del Cueto
O xoves 12 de xuño, ás 19:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a conferencia de Juan Ignacio del Cueto Ruiz-Funes, que leva por título: «A arquitectura de Félix Candela: unha revisión dende a contemporaneidade»....
Curso Arquitecto/a Experto/a en Mediación y Conciliación, válido para inscribirse como Mediador/a en el Ministerio de Justicia
Con la entrada en vigor de la Ley Orgánica 1/2025, la mediación y los MASC (Medios Adecuados de Solución de Controversias) se convierten en un paso obligatorio previo a la vía judicial en conflictos civiles y mercantiles. Esta reforma no solo transforma el sistema de...
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados no mes de maio de 2025
No apartado da zona de normativa da web colexial, na súa marxe esquerda, os subscritores do servizo de Normativa, poden acceder á Normativa e acordos de interese publicados no mes de maio de 2025 no D.O. Galicia, B.O.E, D.O.CC.EE, e nos catro BOP's provinciais, así...
Presentación do libro “Mis casas” de César Portela
O Colexio de Arquitectos de Galicia e a Delegación de Pontevedra comprácense en convidarvos á presentación do libro titulado “Mis Casas”, do arquitecto César Portela, un volume que nos ofrece un percorrido íntimo polas vivendas unifamiliares proxectadas polo autor ao...
Anuncio de publicación das Bases do Concurso internacional para a redacción do “Máster Plan Coruña Marítima”
Informámoste de que está aberto o prazo, que durará até o 1 de agosto, para presentar solicitudes de participación no Concurso Internacional para a realización do “Máster Plan Coruña Marítima. Bases do Concurso Internacional para a realización do “Máster Plan Coruña...
Concello de Entrimo: 1 praza de Arquitecto/a
No BOP Ourense de 30 de maio, publícase o Anuncio da convocatoria e bases para a selección por concurso - oposición dun/unha funcionario/a interino/a por programas, a xornada completa, arquitecto/a ENLACE AO BOP.