Presentación do libro “Mis casas” de César Portela

3 xuñ 2025

O Colexio de Arquitectos de Galicia e a Delegación de Pontevedra comprácense en convidarvos á presentación do libro titulado “Mis Casas”, do arquitecto César Portela, un volume que nos ofrece un percorrido íntimo polas vivendas unifamiliares proxectadas polo autor ao longo da súa dilatada traxectoria profesional, moitas delas deseñadas para amigos, ou clientes que co tempo se converteron en amigos.

A presentación terá lugar no Museo de Pontevedra, edificio Castelao, situado na rúa Pai Amoedo Carballo, nº3 (esquina rúa Serra) o vindeiro venres, 6 de xuño, ás 19:00 horas.O acto é de asistencia libre, ata completar aforo. En caso de estar interesado/a en asistir, será preciso solicitar a asistencia cubrindo o seguinte FORMULARIO

O acto estará presentado por Anselmo Villanueva, presidente da Delegación de Pontevedra, e contará coa intervención de Antonio Barrionuevo e Jesús Llamazares, arquitectos, e Xosé Fortes, historiador, todos eles amigos persoais do autor. Por último, intervirá o propio César Portela, quen compartirá detalles e anécdotas das obras máis significativas.

Este libro reflexa unha parte íntima do arquitecto, amosando no só os proxectos senón tamén as relacións humanas que o inspiraron.

Agardamos contar coa vosa presenza.

A Xunta Directiva da Delegación de Pontevedra.

Compartir