Actualizada a 23 de xuño de 2025
Actualizada a 30 de maio de 2025
Convocatoria do Concurso Internacional para a realización do “Máster Plan Coruña Marítima”. Prazo até o 1 de agosto de 2025.
https://www.corunamaritima.
Bases do Concurso Internacional para a realización do “Máster Plan Coruña Marítima”.
Número de Expediente 2025/I/056_P-1500.01.A.05
Publicado en la Plataforma de Contratación del Sector Público el 28-05-2025 a las 10:07 horas.
Actualizada a 27/4/2025
Actualizada a 10/3/2025
Facilítase aquí o enlace de consulta ao documento inicial das “BASES ESTRATÉGICAS PARA EL DESARROLLO DEL PROYECTO CORUÑA MARÍTIMA” <https://www.corunamaritima.com/gl/gobernanza>, publicitado anteriormente como Concurso Internacional para la redacción del Máster Plan Coruña Marítima, informando de que se abriu o prazo dun mes, até o 7 de abril, para o envío de suxerencias a este documento; estas suxerencias serán canalizadas nun buzón que está aberto na páxina: <https://www.corunamaritima.com/gl/>.
Informáse tamén de que este documento de bases determinará en boa medida o futuro do Porto da cidade, infórmase igualmente de que non está vinculado a un proceso de participación previa, e, por último, infórmase de que o citado documento, que presenta importantes carencias, foi aprobado pola Comisión Coruña Marítima, creada, segundo consta na páxina web de Coruña marítima, «al objeto de desarrollar el Protocolo para la reordenación de la Fachada Marítima de A Coruña: Proyecto “Coruña Marítima”».
Tal e como se anunciaba a través dos medios de comunicación, o conxunto de Administracións reunidas na Comisión Fachada Marítima optan nestas bases por un procedemento de adxudicación restrinxido a 5 candidatos, o mínimo legal, sendo un dos apartados a valorar a «solvencia económica y financiera que se justificará mediante el volumen anual de negocios en el objeto del contrato y por la suscripción de un seguro de responsabilidad civil». Este procedemento de adxudicación restrinxido, que non se atopa xustificado, producirá previsiblemente unha barreira dificilmente superable para os colexiados/as locais, favorecendo a outro tipo de actores, tal e como xa manifestamos na nosa comparecencia diante da Comisión Especial da Fachada Marítima.
Sendo así, e pola importancia deste documento, lembramos a importancia de enviar suxerencias ao contido do mesmo e lembramos tamén que existe un apartado na páxina da Delegación da Coruña onde se vai colgando documentación de referencia relativa ao Bordo litoral portuario, para poder profundizar neste asunto: <https://portal.coag.es/acoruna/documentacion-basica-de-referencia-sobre-o-bordo-litoral-portuario-da-coruna/>
Actualizada a 2/12/2024
Como complemento á Xornada de traballo + debate sobre o Bordo Litoral Portuario, que tivo lugar o pasado 14 de xuño na Delegación de A Coruña do COAG, adxúntanse aquí enlaces a algunha documentación básica de referencia sobre o Bordo Litoral Portuario da Coruña:
- Documentación básica de referencia sobre o bordo litoral.
- Concurso ideas porto.
- Protocolo asinado en maio de 2024.
- Ferramenta de detección de riscos costeiros.
- Prego de prescricións técnicas Plan Estratéxico do Porto da Coruña.
- Documentación Autoridade Portuaria (Memoria e Contas Anuais).
- Proposta equipo Carlos Nárdiz UDC 2021.
- Pregunta e resposta parlamentaria sobre a liña férrea Coruña-Ferrol que pasa polas Xubias:(2/12/2024)
Pregunta: https://www.congreso.es/entradap/l15p/e3/e_0038173_n_ 000.pdf
Resposta: https://www.congreso.es/entradap/l15p/e4/e_0046169_n_ 000.pdf - Convenio urbanístico das Xubias que o concello descolgou da súa páxina web. (2/12/2024)
Esta lista irase actualizando segundo a documentación que se vaia recibindo.