Os vindeiros días 10 e 17 de xuño, de 19:00h a 20:30h, celebraremos dúas xornadas en liña nas que abordaremos os principais aspectos implicados no cesa da actividade dos arquitectos no momento da xubilación.
Xornada 1: Os sistemas de previsión social e o cobro da prestación por xubilación. Martes, 10 de xuño, 19:00 h
A primeira xornada, que terá lugar o martes día 10, ás 19:00h, estará centrada en todo o relacionado cos sistemas de previsión social e o cobro das prestacións por xubilación. Pola súa importancia e actualidade, dedicaremos parte da xornada a tratar as últimas novidades en relación coa pasarela ao RETA para os arquitectos mutualistas, e a proposición de Lei cuxa tramitación parlamentaria iniciouse o pasado 6 de maio no Congreso dos Deputados, coa a probación da súa toma de consideración [+información].
Intervirán nesta primeira xornada:
-
Ana Rodríguez Luaces. Arquitecta. Vicepresidenta da Delegación Galicia da Asociación Nacional de Mutualistas Arquitectos ANMARQ.
-
Victoria Regueira Rodríguez. Membro do Corpo Superior de Letrados da Administración da Seguridade Social. Letrada xefa do Servizo Xurídico Delegado no ISM da Coruña.
-
Enrique Urdiales de Santiago. Arquitecto. Área Técnica do COAG.
Para o seguimento en liña desta primeira xornada, é imprescindible a inscrición previa na seguinte ligazón:
- Inscrición na Xornada 1: [Os sistemas de previsión social e o cobro da prestación por xubilación]. Martes, 10 de xuño, 19:00 h
Xornada 2: O cesamento na actividade. Martes, 17 de xuño, 19:00 h
A segunda xornada, que terá lugar o martes día 17, ás 19:00h, estará dedicada a tratar toda a problemática asociada ao cesamento na actividade, sobre todo no caso dos traballos cuxas responsabilidades legais non prescribiron no momento do cesamento. Así, falaremos de como pechar obras ou actuacións profesionais fronte a todos os axentes implicados, e dalgunhas situacións especiais que, pola súa natureza, presentan unha problemática particular.
Intervirán nesta segunda xornada:
-
Alicia Romaní Bóveda. Arquitecta. Membro do consello de ASEMAS.
-
Enrique Urdiales de Santiago. Arquitecto. Área Técnica do COAG.
Para o seguimento en liña desta segunda xornada, é imprescindible a inscrición previa na seguinte ligazón:
- Inscrición na Xornada 2: [O cesamento na actividade]. Martes, 17 de xuño, 19:00 h