O III Plan Rescate para autónomos e empresas activado pola Xunta a través da Consellería de Emprego e Igualdade, e que ten como obxectivo aportar liquidez aos autónomos e empresarios con carácter inmediato, apoiar a súa solvencia e acompañalos no camiño da recuperación, permanece aberto para a presentación de solicitudes ata o vindeiro 14 de xullo.
