Categoría

#COAGconta: Casos prácticos a nivel básico de IA e TIC nos estudios.

#COAGconta: Casos prácticos a nivel básico de IA e TIC nos estudios.

O mércores 25 de xuño ás 12:00 horas,  presentaranse algúns casos prácticos sinxelos que exemplifican como as novas tecnoloxías poden ser incorporadas de maneira accesible e eficaz no día a día dun estudo de arquitectura, mellorando os procesos creativos, produtivos e de xestión.

Casos prácticos sinxelos:

  • Nubes de puntos co móbil e a súa exportación.
  • Búsqueda de información intelixente con IA.
  • Apoio a redacción.
  • Comparación de documentos.
  • Recoñecemento de texto en imaxes, OCR.
  • Moodboards.

Acompañaranos:

  • Iván Vidal Urgal, arquitecto.
  • Manuel Lajos Couselo, arquitecto. Área Técnica COAG

Para o seguimento en directo da xornada, é necesaria a inscrición no seguinte [ + enlace].

Colabora

Xornadas «Cómo enfrontarse á xubilación (II): O cesamento na actividade»

Xornadas «Cómo enfrontarse á xubilación (II): O cesamento na actividade»

O próximo martes, día 17 de xuño, de 19:00h a 20:30h, terá lugar a segunda das dúas xornadas on line que agrupamos baixo o título “Cómo enfrontarse á xubilación”, e nas que abordaremos os principais aspectos implicados no cese da actividade dos arquitectos.

Esta segunda xornada estará dedicada a tratar toda a problemática asociada ao cesamento na actividade, sobre todo no caso dos traballos cuxas responsabilidades legais non prescribiron no momento do cesamento. Así, falaremos de como pechar obras ou actuacións profesionais fronte a todos os axentes implicados, e dalgunhas situacións especiais que, pola súa natureza, presentan unha problemática particular.

Intervirán nesta segunda xornada:

  • Alicia Romaní Bóveda. Arquitecta. Membro do consello de ASEMAS.

  • Enrique Urdiales de Santiago. Arquitecto. Área Técnica do COAG.

Para o seguimento on line desta segunda xornada, é imprescindible a inscrición previa na seguinte ligazón:

 

Aproveitamos para informarvos que está dispoñible na sección de videos para colexiados, a gravación da primeira xornada, sobre sistemas de previsión social, que tivo lugar o día 10 de xuño.

Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe 2025 – Categoría Intervencións en espazos exteriores

Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe 2025 – Categoría Intervencións en espazos exteriores

O Premio Juana de Vega de intervencións na paisaxe xorde do convencemento de que a paisaxe é un elemento fundamental do patrimonio de calquera sociedade humana por incidir directamente  na súa riqueza cultural e benestar físico, mental e social, e por ser un recurso socioeconómico de enorme potencial.. Para poñer en valor e mellorar a calidade paisaxística do territorio, a Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega convoca o Premio como recoñecemento a aquelas intervencións no patrimonio natural e construído que contribúan a mellorar a calidade dos elementos que configuran a paisaxe de Galicia e sirvan de referencia social para futuras intervencións no mesmo. read more…