No BOP Ourense de 11 de xuño publícase o anuncio de aprobación das bases e da convocatoria para a selección en réxime de interinidade dunha praza de arquitecto/a asesor/a municipal por concurso.
Logo de aprobar por Resolución da Alcaldía do 9 de xuño de 2025, as bases e a convocatoria para a selección en réxime de interinidade dunha praza de arquitecto/a asesor/a municipal por concurso vacante neste concello, ábrese o prazo de presentación de solicitudes, que será de 7 días hábiles, que contarán desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.