O próximo martes, día 17 de xuño, de 19:00h a 20:30h, terá lugar a segunda das dúas xornadas on line que agrupamos baixo o título “Cómo enfrontarse á xubilación”, e nas que abordaremos os principais aspectos implicados no cese da actividade dos arquitectos.
Esta segunda xornada estará dedicada a tratar toda a problemática asociada ao cesamento na actividade, sobre todo no caso dos traballos cuxas responsabilidades legais non prescribiron no momento do cesamento. Así, falaremos de como pechar obras ou actuacións profesionais fronte a todos os axentes implicados, e dalgunhas situacións especiais que, pola súa natureza, presentan unha problemática particular.
Intervirán nesta segunda xornada:
-
Alicia Romaní Bóveda. Arquitecta. Membro do consello de ASEMAS.
-
Enrique Urdiales de Santiago. Arquitecto. Área Técnica do COAG.
Para o seguimento on line desta segunda xornada, é imprescindible a inscrición previa na seguinte ligazón:
- Inscrición na Xornada 2: [O cesamento na actividade]. Martes, 17 de xuño, 19:00 h
Aproveitamos para informarvos que está dispoñible na sección de videos para colexiados, a gravación da primeira xornada, sobre sistemas de previsión social, que tivo lugar o día 10 de xuño.