Resultado da convocatoria aberta de procura de proxectos para o nº 35 de Obradoiro_ Prospectiva 1: PAISAXES

10 xuñ 2025

Acta do xurado da Open Call para a selección de proxectos para a súa publicación dixital e física no número 35 de Obradoiro Revista de Arquitectura e Urbanismo de Galicia, 2025.

1. Composición do xurado

  • D.ª Margarita Jover Biboum
    AldayJover Arquitectura y Paisaje.
  • D. Ginés Garrido Colmenero
    Burgos & Garrido Arquitectos.
  • D. Manuel Bouzas Barcala
    Editor de Obradoiro
  • D.ª María Fandiño Iglesias
    Editora de Obradoiro
  • D. Roi Salgueiro Barrio
    Editor de Obradoiro
  • D.ª Teresa Sánchez Táboas
    Editora de Obradoiro.

2. Actuacións do xurado

Trala finalización do prazo de presentación de propostas o 15 de abril de 2025 ás 23.59 CET, compróbase que á convocatoria pública de proxectos, presentáronse en tempo e forma un total de 24 propostas.

Unha vez finalizado dito prazo, os editores Manuel Bouzas Barcala, María Fandiño Iglesias, Roi Salgueiro Barrio e Teresa Sánchez Táboas, remiten ós restantes membros do xurado a documentación correspondente das 24 obras.

Considerase que estes 24 proxectos responden ó obxectivo: Prospectiva I_Paisaxes, céntrase no estudo das transformacións xeográficas que están a redefinir Galicia. Nel, exploraremos espazos e intervencións que abarcan dende as comunidades de montes ata as costas e corpos de auga, pasando polas áreas de produción agrícola e forestal.

Tamén abordaremos a necesidade de desenvolver infraestruturas verdes que respondan aos efectos do cambio climático, poñendo en valor o legado e a vixencia da arquitectura do paisaxe galego.

O 16 de maio de 2025, ás 17:00 horas, o xurado reúnese mediante videoconferencia, tras ter estudiado previamente as propostas, co obxectivo de escoller as publicacións do Open Call.

Recibidas (24 Propostas)

Nome do Estudio Título do proxecto
1 Mol Arquitectos Reforma da adega Viña Mein-Emilio Rojo
2 Mol Arquitectos Reforma da Granxa do Outeiro
3 Mol Arquitectos Humanización San Pedro de Leirado
4 Paula Alfonso Laya Renovación urbana da praza de San Gregorio
5 Arrokabe Mirador da Cova
6 Carlos Seoane O Banco do Piñeiro
7 Carlos Seoane Estaca de Bares. Melloras na contorna do faro
8 Carlos Seoane Praza do Pombal de San Miguel de Vilela
9 Carlos Seoane Rehabilitación dos Espazos Públicos de Nebra, Porto do Son
10 Marxe Arquitectura Un Xiro de 90 Graos
11 Marxe Arquitectura Mejora Accesibilidad e Iluminación de la Finca Rosequillo
12 CreuseCarrasco + RVR Arquitectos Mellora do bordo da Praia de Porto do Son
13 CreuseCarrasco Paseo e Fito Conmemorativo entorno á figura de Juán Pablo II
14 ÁbaloAlonso Reurbanización Plaza Bugallal
15 Antonio Dopazo Campelo Reflexos dun xardín galego
16 Fermín González Blanco A Banda Verde, CEIP Ramón de la Sagra
17 Fermín González Blanco EEI Barrio Novo
18 Cristina García Fontán Recuperación paisaxística dos baños de San Xusto
19 Santorio Arquitectos Regeneración Integral del Paseo Marítimo de Bouzas
20 Salgado e Liñares Da Gandería Intensiva á Extensiva. Un Cebadeiro de Gando que Rexurde
21 Oscar López Alba Acondicionamiento del Campo de la Romería, A Franqueira
22 RVR Arquitectos Acondicionamiento del yacimiento Castelo A Rocha Forte. Santiago de Compostela.
23 Oscar López Alba Red de Miradores y Observatorios. Geodestino Condado de Paradanta
24 Estévez e González Arquitectos Rehabilitación destinada a Pensión de 2* vinculada al Peregrino

 

Tódolos membros do Xurado tiveron acceso previo ó contido das propostas presentadas, ó ter recibida a documentación vía Google Drive polo Colexio de Arquitectos de Galicia.

Durante a reunión, o xurado acepta traballar sobre os 24 proxectos recibidos pola convocatoria aberta. Estes propón iniciar o procedemento de selección, consistente nun sistema de discusión e rondas de selección, baseados nos criterios curatoriais definidos na convocatoria da Open Call. Aceptase realizar unha primeira ronda de selección de 10 traballos.

Durante a deliberación recoñécese positivamente a calidade de tódolos traballos presentados, e considerase que algunhas propostas responden de xeito máis adecuado á noción de “Paisaxes” descrita nas bases da Open Call.

O xurado, tras unha evaluación pormenorizada de tódalas propostas presentadas, comeza un debate sobre a selección dos proxectos máis alineados co número editorial, quedando como propuestas finalistas a ser publicadas en papel por decisión unánime do Xurado as seguintes 11 propostas identificadas polos seus autores:

 (5 Publicacións en Papel e Dixital)
Nome do Estudio Título do proxecto
12 CreuseCarrasco + RVR Arquitectos Mellora do bordo da Praia de Porto do Son
21 Oscar López Alba Acondicionamiento del Campo de la Romería, A Franqueira
22 RVR Arquitectos Acondicionamiento del yacimiento Castelo A Rocha Forte. Santiago de Compostela.
18 Cristina García Fontán Recuperación paisaxística dos baños de San Xusto
7 Carlos Seoane Estaca de Bares. Melloras na contorna do faro

 

 

(6 Publicacións en Dixital)

Nome do Estudio Título do proxecto
19 Santorio Arquitectos Regeneración Integral del Paseo Marítimo de Bouzas
16 Fermín González Blanco A Banda Verde, CEIP Ramón de la Sagra
6 Carlos Seoane O Banco do Piñeiro
5 Arrokabe Mirador da Cova
2 Mol Arquitectos Reforma da Granxa do Outeiro
14 ÁbaloAlonso Reurbanización Plaza Bugallal

 

En concordancia co proxecto editorial presentado no concurso da revista Obradoiro, e ás características do número 35 Paisaxes, acórdase seleccionar 5 proxectos para a súa publicación en papel e dixital, e 6 proxectos únicamente en dixital.

A data da sinatura electrónica

Compartir