Categoría

GUÍA DE APLICACIÓN DO CÓDIGO ESTRUTURAL Á EDIFICACIÓN. FORMIGÓN ARMADO.

GUÍA DE APLICACIÓN DO CÓDIGO ESTRUTURAL Á EDIFICACIÓN. FORMIGÓN ARMADO.

O MIVAU acaba de publicar a Guía de aplicación do Código Estrutural á edificación. Formigón armado, o que representa unha oportunidade para promover un mellor coñecemento e aplicación da normativa vixente.

O Código Estrutural (CE21), aprobado mediante o Real Decreto 470/2021, do 21 de xuño, e en vigor desde novembro de 2021, establece os requisitos técnicos e normativos para estruturas de formigón, aceiro e estruturas mixtas. O CE21 substituíu á Instrución de Formigón Estrutural (EHE08) aprobada polo Real Decreto 1247/2008, do 18 de xullo e á Instrución de Aceiro Estrutural (EAE), aprobada polo Real Decreto 751/2011, do 27 de maio. Trátase dunha ferramenta orientada a facilitar a aplicación práctica do CE21 no ámbito da edificación con estruturas de formigón habituais e sinxelas na profesión. É un documento técnico sintético, claro na súa exposición e orientado á práctica, que compila os aspectos esenciais para o dimensionado e verificación de:

  • Edificacións de ata 7 plantas (baixa+6)
  • Luces convencionais
  • Cargas habituais
  • Tipoloxías moi utilizadas

A Guía non substitúe ao CE21, pero compleméntao de forma accesible, axudando a resolver de maneira eficaz as dúbidas habituais na práctica proyectual diaria. A Guía inclúe ligazóns a máis de 20 vídeos que aclaran aspectos que non se inclúen o texto, a modo de pé de páxina en forma de QR; pero que tamén poden visualizarse de forma independente desde o primeiro das dúas ligazóns seguintes:

Guía de aplicación do Código Estrutural á edificación. Formigón armado
Edición impresa dispoñible para mercar

A presentación da Guía terá lugar o 9 de xullo de 10:00 a 12:00 e retransmitirase desde a ligazón seguinte:

Presentación da Guía

Área Técnica CSCAE 19.06.2025

Acciones del CSCAE ante la reforma de las mutualidades

Acciones del CSCAE ante la reforma de las mutualidades

Ante la reforma de las mutualidades y la constitución de una pasarela al Régimen Especial de Trabajadores Autónomos (RETA) de la Seguridad Social, el Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España (CSCAE), que defiende, con firmeza, la protección de los derechos de todos/as los/as profesionales para evitar situaciones discriminatorias, ha desarrollado, recientemente, las siguientes acciones: read more…

#COAGconta: Preguntas e respostas sobre a aplicación da normativa de protección de datos no estudo

#COAGconta: Preguntas e respostas sobre a aplicación da normativa de protección de datos no estudo

O mércores 18 de xuño de 12:00 a 13:15 horas, Jose María Lozoya, delegado de protección de datos (DPD) do COAG, responderá a algunas das preguntas frecuentes sobre a aplicación da normativa de protección de datos no estudio, así como a aquelas que se formulen durante a sesión. Tamén tratará as posibles respostas a algúns supostos reais que poden darse en relación con esta normativa.

Jose María Lozoya é licenciado en dereito e especialista en dereito das tecnoloxía da información e a comunicación.

Para o seguimento en directo da xornada, é necesaria inscrición na seguinte  [+ ligazón]

Colabora

O COAG presenta recurso especial en materia de contratación ante o Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuales en impugnación das bases do Concurso de proxectos convocado pola Autoridade Portuaria da Coruña, para a contratación do servizo de elaboración do Máster Plan, anexos e documentos derivados do Proxecto Coruña Marítima

Os principais motivos do recurso foron algúns dos criterios establecidos para a selección de candidatos que o Colexio entende como desproporcionados, inxustificados e mesmo discriminatorios que supoñen unha limitación inxustificada ao acceso á licitación, como, entre outros, “Contratos (2 referencias) de elaboración de proyectos de edificios de equipamientos o dotacionales con usos tipo relacionados con el objeto del proyecto Coruña Marítima (apartado 5.4, del capítulo 1 (memoria), del Pliego de Bases), de naturaleza arquitectónica, al menos a nivel de proyecto básico, con un presupuesto de obras base de licitación (excluido IVA e impuestos indirectos equivalentes), mínimo 100 M€“

Impugnación das Bases do Concurso internacional para a redacción do “Máster Plan Coruña Marítima”_ Prazo ate o 18 de xuño

Impugnación das Bases do Concurso internacional para a redacción do “Máster Plan Coruña Marítima”_ Prazo ate o 18 de xuño

Como xa informamos en comunicacións anteriores, unha das nosas grandes preocupacións, como institución colexial, é a mellora da calidade das bases e condicións de acceso dos nosos colexiados/as aos distintos concursos públicos, máxime cando se desenvolven no noso territorio, como ven ser o caso. Entendemos, ademais, o valor, en termos de coñecemento, que aporta o conxunto do noso colectivo, que traballa día a día atendendo, de diversas formas, as distintas problemáticas vinculadas á arquitectura e ao urbanismo da cidade da Coruña e dos seus cidadáns. read more…

GUÍA DE APLICACIÓN DO CÓDIGO ESTRUTURAL Á EDIFICACIÓN. FORMIGÓN ARMADO.

GUÍA DE APLICACIÓN DO CÓDIGO ESTRUTURAL Á EDIFICACIÓN. FORMIGÓN ARMADO.

O MIVAU acaba de publicar a Guía de aplicación do Código Estrutural á edificación. Formigón armado, o que representa unha oportunidade para promover un mellor coñecemento e aplicación da normativa vixente. O Código Estrutural (CE21), aprobado mediante o Real Decreto...

O COAG presenta recurso especial en materia de contratación ante o Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuales en impugnación das bases do Concurso de proxectos convocado pola Autoridade Portuaria da Coruña, para a contratación do servizo de elaboración do Máster Plan, anexos e documentos derivados do Proxecto Coruña Marítima

Os principais motivos do recurso foron algúns dos criterios establecidos para a selección de candidatos que o Colexio entende como desproporcionados, inxustificados e mesmo discriminatorios que supoñen unha limitación inxustificada ao acceso á licitación, como, entre...

Oferta de formación por Beca

Oferta de formación por Beca

Estudo de arquitectura con sede en Cambados selecciona arquitecto/a para formación por beca FEUGA/FUDC Funcións: colaborar no desenrrolo de proxectos e traballos do estudo baixo supervisión. Ubicación do posto de traballo: Cambados Beca:  FUAC - FEUGA, 6 meses...