O MIVAU acaba de publicar a Guía de aplicación do Código Estrutural á edificación. Formigón armado, o que representa unha oportunidade para promover un mellor coñecemento e aplicación da normativa vixente.
O Código Estrutural (CE21), aprobado mediante o Real Decreto 470/2021, do 21 de xuño, e en vigor desde novembro de 2021, establece os requisitos técnicos e normativos para estruturas de formigón, aceiro e estruturas mixtas. O CE21 substituíu á Instrución de Formigón Estrutural (EHE08) aprobada polo Real Decreto 1247/2008, do 18 de xullo e á Instrución de Aceiro Estrutural (EAE), aprobada polo Real Decreto 751/2011, do 27 de maio. Trátase dunha ferramenta orientada a facilitar a aplicación práctica do CE21 no ámbito da edificación con estruturas de formigón habituais e sinxelas na profesión. É un documento técnico sintético, claro na súa exposición e orientado á práctica, que compila os aspectos esenciais para o dimensionado e verificación de:
- Edificacións de ata 7 plantas (baixa+6)
- Luces convencionais
- Cargas habituais
- Tipoloxías moi utilizadas
A Guía non substitúe ao CE21, pero compleméntao de forma accesible, axudando a resolver de maneira eficaz as dúbidas habituais na práctica proyectual diaria. A Guía inclúe ligazóns a máis de 20 vídeos que aclaran aspectos que non se inclúen o texto, a modo de pé de páxina en forma de QR; pero que tamén poden visualizarse de forma independente desde o primeiro das dúas ligazóns seguintes:
Guía de aplicación do Código Estrutural á edificación. Formigón armado
Edición impresa dispoñible para mercar
Área Técnica CSCAE 19.06.2025
