Categoría

Curso “Proxectar con sistemas prefabricados en madeira: entramado lixeiro e CLT

Curso “Proxectar con sistemas prefabricados en madeira: entramado lixeiro e CLT

Búscase que con este curso o alumno aprenda a desenvolver proxectos de arquitectura con entramado lixeiro de madeira e CLT. Coñecerá a lóxica estrutural de ambos os sistemas construtivos para poder desenvolver proxectos de edificacións optimizadas onde arquitectura e estrutura vaian da man. Descubrirá as técnicas, detalles e materiais adecuados para proxectar edificios eficientes, duradeiros e sostibles.

O curso completarase con dúas visitas de carácter voluntario, que servirán para comprobar de primeira man as posibilidades destes sistemas construtivos. Estas visitas serán gravadas e postas ao dispor dos alumnos na plataforma.

Este curso está organizado no marco do acordo de colaboración suscrito polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) para promover o coñecemento en materia de construción e rehabilitación con madeira e a divulgación de obras exemplares. 

Prezos de matrícula 

O curso conta coa financiación de XERA, polo que os prezos de matrícula para colexiados son especialmente reducidos. O aforo é limitado.

  • Matrícula ordinaria: 100 euros
  • Arquitectos colexiados: 50 euros
  • Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 35 euros

Metodoloxía

  • Flexibilidade para o alumno.
  • Enfoque práctico.
  • Fomento da participación.
  • O curso desenvólvese en modalidade integramente online, utilizando como soporte a plataforma de formación en liña do COAG (moodle.coag.es). Esta plataforma será o medio a través do que se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán.
Aforo e prazos de matrícula:
O aforo é limitado.
  • Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o mércores 01/10/2025 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
  • Todas as modalidades: dende as 23:59 h do mércores 01/10/2025 ata o domingo 5/10/2025 ás 23:59h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles. 

Programa completo e matrícula

No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explican as actividades que integran en curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.

[+ matriculación e programa completo do curso]

 

Curso de Aplicación práctica do DBSI e RSCIEI (adaptado ás modificacións de marzo de 2025)

Curso de Aplicación práctica do DBSI e RSCIEI (adaptado ás modificacións de marzo de 2025)

Este curso propón unha revisión áxil, práctica e actualizada do DB SI, axudando a resolver con seguridade as dúbidas que xurden ao aplicalo tanto a proxectos básicos e de execución para uso residencial vivienda ou terciarios de calquera escala, incluíndo a súa posible tramitación como actividade.

Os seus contidos son adaptados ao RD 164/2025, do 4 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de seguridade contra incendios en establecementos industriais, en vigor, e de seguemento obrigatorio a partir do próximo 10 de novembro.

Abarcaranse temas tan diferentes como a correcta sectorización e compartimentación, a avaliación e o cálculo das cargas de lume, as vías acreditadas para prescribir adecuadamente a resistencia EI e reacción de solucións construtivas en interior e exterior, a análise da configuración espacial particular de cada edificio ou establecemento e a idoneidade do seu deseño para unha evacuación segura, así como a xustificación da resistencia R das estruturas ante o lume.

Ademais das particularidades do uso residencial vivenda, existen os distintos usos terciarios (centros de educación infantil, turísticos, comerciais, hospitalarios ou o novo uso almacén) que requiren coñecer con detalle e en profundidade o BD para poder proceder axeitadamente, tanto para a súa asimilación aos usos regulados polo DB, así como para determinar o alcance das esixencias do documento para cada un deles.

Prezos de matrícula 

  • Matrícula ordinaria: 130 euros
  • Arquitectos colexiados: 65 euros
  • Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 40 euros

Metodoloxía

  • Flexibilidade para o alumno.
  • Enfoque práctico.
  • Fomento da participación.
  • O curso desenvólvese en modalidade integramente online, utilizando como soporte a plataforma de formación en liña do COAG (moodle.coag.es). Esta plataforma será o medio a través do que se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán.
Aforo e prazos de matrícula:
O aforo é limitado.
  • Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o domingo 12/10/2025 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
  • Todas as modalidades: dende as 23:59 h do domingo 12/10/2025 ata o luns 27/10/2025 ás 23:59h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles. 

Programa completo e matrícula

No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explican as actividades que integran en curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.

[+ matriculación e programa completo do curso]

Coa colaboración de 

Resolución del Consejo de la UIA sobre Palestina

Resolución del Consejo de la UIA sobre Palestina

El Consejo de la Unión Internacional de Arquitectos, en su reunión del 2 de septiembre de 2025, consideró y aprobó una moción presentada por el miembro del Consejo de la Región V, Mohamed Sahby Gorgi (Túnez), relativa a la situación en Palestina. Tras deliberar, el Consejo resolvió adoptar las siguientes medidas: read more…

Concurso de ideas, a nivel de anteproxecto, para transformar o conector central da cidade de Santiago de Compostela

Concurso de ideas, a nivel de anteproxecto, para transformar o conector central da cidade de Santiago de Compostela

O concurso ten por finalidade a selección da mellor proposta a nivel de anteproxecto que pretende transformar o conector central da cidade, eixo conformado polos espazos públicos existentes entre o ámbito do Campo da Estrela, Virxe da Cerca e Santa Clara, coa finalidade de recuperar ese ámbito como espazo patrimonial periférico directamente asociado á Cidade Histórica, aliñándose coa estratexia da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela (PA_AUS2030). Esta actuación encádrase dentro do obxectivo estratéxico OE2 “Evitar a dispersión urbana e revitalizar a cidade existente”, na liña de actuación 2.5: “Reordenación dos espazos perimetrais á améndoa e accións de conexión dos dous aneis da cidade”. Concurso participado polo COAG. read more…

#COAGconta: Inscricións rexistrais de construcións ilegais

#COAGconta: Inscricións rexistrais de construcións ilegais

O mércores 1 de outubro ás 12:00 horas, José María Domínguez Blanco, Xefe Servizo Disciplina Urbanística e Conservación do Concello de Vigo, daranos a coñecer o procedemento e documentación que debe constar nas inscricións rexistrais de construcións, instalacións e obras tanto se contan con título habilitante coma se non contan con el, poñendo especial atención no certificado de antigüidade que debe incorporarse.

Contido:

1.- Procedemento e documentación para proceder á inscrición rexistral.
2.- Explicarase a comprobación administrativa que segue á inscrición rexistral e as súas consecuencias.
3.- Analizaranse os últimos pronunciamientos da Dirección Xeral de Seguridade Xurídica e Fe Pública, así como as últimas sentenzas sobre a materia.
4.- Así mesmo, expoñeranse os “falsos mitos”  sobre estas inscricións.
5.- Por último, analizarase o réxime urbanístico destas edificacións.

Para o seguimento en directo da xornada, é necesaria inscrición na seguinte  [+ ligazón]

Colabora  

Oferta de formación por Beca FUAC – FEUGA

Oferta de formación por Beca FUAC – FEUGA

Estudo de arquitectura con sede en Fene selecciona arquitecto/a para formación por beca FUAC - FEUGA Funcións: colaborar no desenrrolo de proxectos e traballos do estudo baixo supervisión. Ubicación do posto de traballo: Fene Beca:  FUAC - FEUGA, 6 meses prorrogables...

Oferta de formación por Beca FUAC – FEUGA

Oferta de emprego

Estudio de arquitectura  Andrés Fdez Couce, con sede en Ferrol, selecciona arquitecto/a asalariado. Condicións: Arquitecto con contrato laboral  en xornada completa e presencial. Requisitos: PRESTO, CYPE, CAD... Non se esixe experiencia. Contrato: Asalariado...