O mércores 1 de outubro ás 12:00 horas, José María Domínguez Blanco, Xefe Servizo Disciplina Urbanística e Conservación do Concello de Vigo, daranos a coñecer o procedemento e documentación que debe constar nas inscricións rexistrais de construcións, instalacións e obras tanto se contan con título habilitante coma se non contan con el, poñendo especial atención no certificado de antigüidade que debe incorporarse.
1.- Procedemento e documentación para proceder á inscrición rexistral.
2.- Explicarase a comprobación administrativa que segue á inscrición rexistral e as súas consecuencias.
3.- Analizaranse os últimos pronunciamientos da Dirección Xeral de Seguridade Xurídica e Fe Pública, así como as últimas sentenzas sobre a materia.
4.- Así mesmo, expoñeranse os “falsos mitos” sobre estas inscricións.
5.- Por último, analizarase o réxime urbanístico destas edificacións.
Para o seguimento en directo da xornada, é necesaria inscrición na seguinte [+ ligazón]
Colabora ![]()
