Curso “Proxectar con sistemas prefabricados en madeira: entramado lixeiro e CLT

23 Set 2025

Búscase que con este curso o alumno aprenda a desenvolver proxectos de arquitectura con entramado lixeiro de madeira e CLT. Coñecerá a lóxica estrutural de ambos os sistemas construtivos para poder desenvolver proxectos de edificacións optimizadas onde arquitectura e estrutura vaian da man. Descubrirá as técnicas, detalles e materiais adecuados para proxectar edificios eficientes, duradeiros e sostibles.

O curso completarase con dúas visitas de carácter voluntario, que servirán para comprobar de primeira man as posibilidades destes sistemas construtivos. Estas visitas serán gravadas e postas ao dispor dos alumnos na plataforma.

Este curso está organizado no marco do acordo de colaboración suscrito polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) para promover o coñecemento en materia de construción e rehabilitación con madeira e a divulgación de obras exemplares. 

Prezos de matrícula 

O curso conta coa financiación de XERA, polo que os prezos de matrícula para colexiados son especialmente reducidos. O aforo é limitado.

  • Matrícula ordinaria: 100 euros
  • Arquitectos colexiados: 50 euros
  • Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 35 euros

Metodoloxía

  • Flexibilidade para o alumno.
  • Enfoque práctico.
  • Fomento da participación.
  • O curso desenvólvese en modalidade integramente online, utilizando como soporte a plataforma de formación en liña do COAG (moodle.coag.es). Esta plataforma será o medio a través do que se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán.
Aforo e prazos de matrícula:
O aforo é limitado.
  • Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o mércores 01/10/2025 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
  • Todas as modalidades: dende as 23:59 h do mércores 01/10/2025 ata o domingo 5/10/2025 ás 23:59h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles. 

Programa completo e matrícula

No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explican as actividades que integran en curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.

[+ matriculación e programa completo do curso]

 

Compartir