Xornada “El fuego a las puertas. Urbanismo preventivo en incendios de 4ª generación”. Novo ponente

24 Set 2025

O vindeiro xoves 2 de outubro, ás 17,30 horas, con motivo do Día Mundial de la Arquitectura, terá lugar na Delegación do COAG en Ourense esta xornada na que abordaremos o tema do Urbanismo preventivo nos incendios de 4ª xeneración.

A Delegación de Ourense do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) celebrará o vindeiro xoves, 2 de outubro, a xornada “O fogo ás portas. Urbanismo preventivo en incendios de 4ª xeración”, con motivo do Día Mundial da Arquitectura que se conmemorará o día 6 de outubro. A xornada terá lugar na sede do COAG Ourense (rúa Avilés de Taramancos, 38) de 17:30 a 20:30 horas. A entrada será libre ata completar o aforo da sala.

Para abordar esta cuestión do urbanismo preventivo nos incendios de cuarta xeración, o COAG Ourense invitou a dous expertos que analizarán esta temática tan de actualidade tras a destrución que os incendios provocaron na provincia no transcurso deste verán.

O enxeñeiro de Montes Juan Picos Martín será o primeiro convidado e ofrecerá un relatorio titulado “A interface urbano-forestal e os incendios de 4ª xeración”. Picos Martín é enxeñeiro de Montes pola Universidade Politécnica de Madrid (1996), doutor pola Universidade de Vigo (2004) coa tese de doutoramento “Os Seguros de Incendios Forestais: Antecedentes e Estudo de Viabilidade da súa Aplicación en Galicia”. Recibiu o Premio Fundación Mapfre. Desde 1998 participou en máis de 30 proxectos de I+D+i de ámbito autonómico, nacional e internacional con financiamento público e privado. É membro do Team of Specialists on Forest Sector Outlook Committee on Forests and the Forest Industry de UNECE- FAO. É decano autonómico do Colexio de Enxeñeiros de Montes en Galicia desde 2015, subdirector da Escola de Enxeñeiros Forestais de Pontevedra, membro da xunta directiva da Sociedad Española de Ciencias Forestales desde 2014 e membro de PROFOR Socio Individual de FSC España.

A continuación, será a quenda para José Antonio Hoyuela Jayo que exporá cuestións relativas á “Planificación, risco e infraestrutura verde”. Hoyuela é doutor arquitecto pola Universidade de Valladolid, especializado en urbanismo, paisaxe e xestión patrimonial, e en sistemas de información de contido xeográfico e infraestruturas de datos espaciais, e arquitecto urbanista por la Universidad Federal de Minas Gerais (Brasil). É especialista en Xestión e Técnica Urbanística polo CEU San Pablo. Ademais, foi consultor de IPHAN – UNESCO entre 2017 e 2020, en Río de Xaneiro.

Xa para rematar, ás 19:30 horas, celebrarase una charla coloquio entre os conferenciantes e o público asistente. O COAG Ourense cursou unha invitación para os 33 concellos afectados pola vaga de incendios da provincia de Ourense, para que alcaldes e técnicos municipais participen no debate e compartan as súas experiencias.

O programa da xornada é o seguinte:

17:30-18:10 h Juan Picos Martín
LA INTERFAZ URBANO-FORESTAL Y LOS INCENDIOS DE 4ª GENERACIÓN

18:10-18:50 h José Antonio Hoyuela Jayo
PLANIFICACIÓN, RIESGO E INFRAESTRUCTURA VERDE

18:50-19:30 h Otilia Reyes Ferreira
ESTRATEGIAS DE REGENERACIÓN NATURAL TRAS INCENDIO FORESTAL

19:30-20:30 h Charla coloquio

Entrada libre ate completar aforo.

Día: xoves 2 de outubro.
Hora: De 17:30 a 20:30 h.
Lugar: SEDE DEL COLEGIO DE ARQUITECTOS
RUA AVILÉS DE TARAMANCOS 38 BAJO.
32003 OURENSE

Compartir