Infórmase da publicación na páxina web do Ministerio de Vivienda y Agenda Urbana do anuncio do prazo de audiencia e información pública do proxecto de “Real Decreto por el que se regula el Plan Estatal de Vivienda 2026-2030”, indicado que se poderán presentar achegas ata o 7 de outubro.
En relación con este asunto, indícase que o COAG está traballando na preparación das súas correspondentes achegas centradas sobre todo sobre os aspectos da devandita normativa que sexan de carácter autonómico e así como as que afecten directamente á nosa Comunidade Autónoma, polo que as persoas colexiadas que estean interesadas en presentar achegas poderán remitirlla ao Colexio ou facelo directamente a través da web do Ministerio.
As propostas de achegas deberán remitirse ao Colexio, antes das 11:00 horas, do vindeiro martes 30 de setembro, a través do seguinte formulario:
https://form.jotform.com/252643388835973
As achegas que se reciban será revisadas para elaborar unha proposta para aprobación da Xunta de Goberno, así como para trasladar ao CSCAE para que valoren a súa incorporación nas súas propias achegas.
