Categoría
Infoconstrucción y DPArquitectura organizan unas Jornadas Profesionales de arquitectura y construcción en Lugo el 5 de mayo y en Pontevedra el 7 de mayo
El próximo 5 de mayo las y los profesionales de la construcción tienen una importante cita en Lugo. Arquitectos, arquitectos técnicos, constructores e instaladores podrán conocer de manera presencial las características de interesantes y novedosos productos y servicios para la arquitectura y la construcción en general. La cita comienza a las 9:00 horas y tendrá lugar en el Hotel Méndez Núñez (C/ Reina, 1). Estas Jornadas tendrán lugar también en Pontevedra el día 7 de mayo. La cita comienza a las 9:00 horas y tendrá lugar en el Hotel Rías Bajas (C/ Castelao, 3).
Puede consultar el programa e inscribirse gratuitamente en la Jornada de Lugo aquí.

Puede consultar el programa e inscribirse gratuitamente en la Jornada de Pontevedra aquí.

Webs:
https://eventos.infoconstruccion.es/lugo2026jornadaarquitecturayconstruccion
https://eventos.infoconstruccion.es/pontevedra2026jornadaarquitecturayconstruccion
Más información e inscripción GRATUITA aquí:
https://eventos.infoconstruccion.es/lugo2026jornadaarquitecturayconstruccion
https://eventos.infoconstruccion.es/pontevedra2026jornadaarquitecturayconstruccion
O Colexio de Arquitectos de Galicia reclama á Xunta a actualización “inmediata” dos honorarios dos peritos arquitectos
A contía das retribucións está estancada desde hai máis de quince anos para as taxacións periciais da Axencia Tributaria de Galicia e desde hai oito para os informes periciais da Administración de Xustiza. read more…
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados no mes de marzo de 2026
#COAGconta: A vivenda con perspectiva de xénero. Os espazos necesarios e os obrigatorios
O mércores 22 de abril, de 12:00 a 13:30 horas, Eduardo Alonso Lois falaranos sobre vivenda desde unha perspectiva de xénero, sobre flexibilidade, coidados, autonomía, accesibilidade e sobre os espazos necesarios fronte ás condicións e superficies obrigatorias da normas de habitabilidade.
Actualmente, os criterios de xénero non só se teñen en conta para o deseño senón que tamén se valoran na contratación pública de vivenda.
Para o seguimento en directo da xornada, é necesaria inscrición na seguinte [+ ligazón]
Colabora ![]()
Curso_”Rehabilitación de estruturas de madeira”
O obxectivo do curso é presentar os fundamentos da rehabilitación de estruturas de madeira, desde a fase de diagnose inicial ata os criterios de actuación e as técnicas de intervención dispoñibles.
Cun enfoque eminentemente práctico, expoñeranse diversos exemplos de intervencións, tanto en Galicia como no País Vasco, que cobren as principais opcións existentes: desde unha intervención puntual para reparar a cabeza danada dunha viga ata a necesidade de reforzar o conxunto dun forxado por un cambio de uso.
Así mesmo, profundarase nas novas ferramentas de diagnoses como o escaneado láser 3D (nube de puntos) e mostrarase unha selección dos produtos dispoñibles para realizar as intervencións.
O curso será impartido por profesionais cunha ampla experiencia e os contidos complementaranse coa posibilidade de asistir a un taller práctico, impartido por Rothoblaas, onde se mostren algunhas das técnicas de intervención descritas. Este taller terá carácter voluntario e a súa capacidade é limitada, polo que as prazas se asignarán por rigorosa orde de inscrición en canto se abra o procedemento preparado ao efecto.
Este curso está organizado no marco do acordo de colaboración subscribido polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) para promover o coñecemento en materia de construción e rehabilitación con madeira e a divulgación de obras exemplares.
Prezos de matrícula
- Matrícula ordinaria: 60 euros
- Arquitectos colexiados: 40 euros
- Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 20 euros
Metodoloxía
- Flexibilidade para o alumno.
- Enfoque práctico.
- Fomento da participación.
O curso desenvólvese en modalidade online, utilizando como soporte a plataforma de formación en liña do COAG (moodle.coag.es). Esta plataforma será o medio a través do que se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán. Compleméntase cun taller presencial de carácter voluntario.
- Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o martes 14/04/2026 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
- Todas as modalidades: dende as 23:59 h do martes 14/04/2026 ata o luns 20/04/2026 ás 23:59h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
Programa completo e matrícula
No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explican as actividades que integran en curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.
[+ matriculación e programa completo do curso]
Coa colaboración de ![]()
Oferta de formación por Beca – FEUGA _ FUAC
Estudo de arquitectura OCO_STUDIO, con sede en A Coruña, selecciona arquitecto/a para formación por beca read more…
Día Internacional dos Monumentos e Sitios. “O lugar de culto como espazo de encontro das artes”
Dentro da recentemente restaurada Igrexa de Dores, a Delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos, xunto co Coro de Cámara AntiQvorum, queren celebrar este Día Internacional dos Monumentos e Sitios evocando o encontro entre a arquitectura e a música. read more…
Documentación básica de referencia sobre o Bordo Litoral Portuario da Coruña
Actualizada 4 de marzo de 2026
Xornada Novxs Arquitectxs Delegación de Santiago de Compostela
A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) organiza unha nova xornada “Novxs Arquitectxs”, un encontro concibido como un espazo de visibilización e intercambio para arquitectas e arquitectos novos.
A cita poñerá o foco na diversidade de enfoques que caracterizan as novas xeracións, amosando unha práctica arquitectónica cada vez máis aberta, colaborativa e atenta ás transformacións sociais, territoriais e ambientais. read more…
Maratón de debuxo ETSAC-COAG A Coruña
O venres 10 de abril, ás 10:00 horas, comezará unha agardada nova edición do Maratón de debuxo organizado pola asignatura de Análise de Formas Arquitectónicas, AFA, do Departamento de Expresión Gráfica Arquitectónica (EGA), ETSAC, UDC. O lugar de inicio será Linares Rivas 50, á altura de Jaspe Art, e a seguinte parada será, ás 10:30 horas, a Delegación da Coruña do COAG. read more…
Infoconstrucción y DPArquitectura organizan unas Jornadas Profesionales de arquitectura y construcción en Lugo el 5 de mayo y en Pontevedra el 7 de mayo
El próximo 5 de mayo las y los profesionales de la construcción tienen una importante cita en Lugo. Arquitectos, arquitectos técnicos, constructores e instaladores podrán conocer de manera presencial las características de interesantes y novedosos productos y...
O Colexio de Arquitectos de Galicia reclama á Xunta a actualización “inmediata” dos honorarios dos peritos arquitectos
A contía das retribucións está estancada desde hai máis de quince anos para as taxacións periciais da Axencia Tributaria de Galicia e desde hai oito para os informes periciais da Administración de Xustiza. O Colexio de Arquitectos de Galicia traslada o seu malestar en...
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados no mes de marzo de 2026
No apartado da zona de normativa da web colexial, na súa marxe esquerda, os subscritores do servizo de Normativa, poden acceder á Normativa e acordos de interese publicados no mes de marzo de 2026 no D.O. Galicia, B.O.E, D.O.CC.EE, e nos catro BOP's provinciais, así...
#COAGconta: A vivenda con perspectiva de xénero. Os espazos necesarios e os obrigatorios
O mércores 22 de abril, de 12:00 a 13:30 horas, Eduardo Alonso Lois falaranos sobre vivenda desde unha perspectiva de xénero, sobre flexibilidade, coidados, autonomía, accesibilidade e sobre os espazos necesarios fronte ás condicións e superficies obrigatorias da...
Curso_”Rehabilitación de estruturas de madeira”
O obxectivo do curso é presentar os fundamentos da rehabilitación de estruturas de madeira, desde a fase de diagnose inicial ata os criterios de actuación e as técnicas de intervención dispoñibles. Cun enfoque eminentemente práctico, expoñeranse diversos exemplos de...
Oferta de formación por Beca – FEUGA _ FUAC
Estudo de arquitectura OCO_STUDIO, con sede en A Coruña, selecciona arquitecto/a para formación por beca Funcións: colaborar no desenrrolo de proxectos do estudo baixo supervisión. Ubicación do posto de traballo: A Coruña Requisitos: Valoraranse coñecementos de 3D e...
Día Internacional dos Monumentos e Sitios. “O lugar de culto como espazo de encontro das artes”
Dentro da recentemente restaurada Igrexa de Dores, a Delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos, xunto co Coro de Cámara AntiQvorum, queren celebrar este Día Internacional dos Monumentos e Sitios evocando o encontro entre a arquitectura e a música....
Documentación básica de referencia sobre o Bordo Litoral Portuario da Coruña
Actualizada 4 de marzo de 2026 Concurso de proyecto de reforma de la tercera planta del edificio sede de la Autoridad Portuaria de A Coruña Actualizada a 13 de outubro de 2025 Novas Bases do Concurso internacional para a redacción do “Máster Plan Coruña Marítima”...
Xornada Novxs Arquitectxs Delegación de Santiago de Compostela
A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) organiza unha nova xornada “Novxs Arquitectxs”, un encontro concibido como un espazo de visibilización e intercambio para arquitectas e arquitectos novos. A cita poñerá o foco na diversidade...
Maratón de debuxo ETSAC-COAG A Coruña
O venres 10 de abril, ás 10:00 horas, comezará unha agardada nova edición do Maratón de debuxo organizado pola asignatura de Análise de Formas Arquitectónicas, AFA, do Departamento de Expresión Gráfica Arquitectónica (EGA), ETSAC, UDC. O lugar de inicio será Linares...