Dentro da recentemente restaurada Igrexa de Dores, a Delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos, xunto co Coro de Cámara AntiQvorum, queren celebrar este Día Internacional dos Monumentos e Sitios evocando o encontro entre a arquitectura e a música.
Farémolo ilustrando, a través dun percorrido pola música coral e polifónica, a arquitectura que a albergou ao longo da historia: desde o románico ata a Ilustración.
En definitiva, trátase de celebrar a harmonía de dúas formas de arte nun espazo que, transcendendo o seu carácter de lugar de culto, tamén constitúe un ambiente acolledor para a expresión artística. Isto inclúe non só a arte inherente á propia igrexa, que lle deu o seu carácter distintivo como espazo arquitectónico, senón tamén a acumulación e superposición de capas temporais que explican a evolución da arte, entendida como expresión.
Data:
Sábado 18 de abril.
Hora:
20:00 horas.
Lugar:
Igrexa de Dores. Rúa Méndez Núñez, 18, 15402 Ferrol
Guión e Dirección: Colexio ded Arquitectos
Producción e Montaxe: Iris Produccións
Interpretación: ANTIQVORUM
A entrada é libre ate completar aforo, sendo precisa a inscrición para o control de acceso a través do seguinte ENLACE.
