Categoría

Xunta Xeral ordinaria a celebrar o 17 de decembro de 2024: documentación asuntos a tratar e modificación da Orde do Día

Xunta Xeral ordinaria a celebrar o 17 de decembro de 2024: documentación asuntos a tratar e modificación da Orde do Día

Tal e como se indica na Circular 24 2024, a Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, na súa sesión 35/2023 de 9 de decembro, en relación coa Xunta Xeral ordinaria a celebrar o vindeiro 17 de decembro adoptou os seguintes ACORDOS:

APROBAR O PRESUPOSTO DO COLEXIO OFICIAL DE ARQUITECTOS DE GALICIA PARA O EXERCICIO 2025 QUE RECOLLE A PROPOSTA DE COTAS COLEXIAIS E DE SERVIZOS VOLUNTARIOS E PROCEDER Á SÚA ELEVACIÓN Á XUNTA XERAL PARA A SÚA APROBACIÓN DEFINITIVA.

Por outra parte, en relación coa orde do día prevista, a Xunta de Goberno, na sesión indicada, adoptou o seguinte ACORDO:

AMPLIAR A ORDE DO DÍA DA XUNTA XERAL ORDINARIA A CELEBRAR O VINDEIRO MARTES 17 DE DECEMBRO INCLUÍNDO O SEGUINTE PUNTO NA ORDE DO DÍA DESPOIS DO PUNTO PARA APROBACIÓN DO PRESUPOSTO:
– INFORME SOBRE OS ACORDOS ADOPTADOS EN RELACIÓN COA “PASARELA AO RETA”

Toda a información relativa aos asuntos a tratar e ás modalidades de participación na Xunta Xeral ordinaria está dispoñible no apartado sobre as Xuntas Xerais do Panel de servizos da web colexial.

Presentación do libro “Arquitectura e simbolos de Laxedo. Unha aldea planificada na Galicia rural”

Presentación do libro “Arquitectura e simbolos de Laxedo. Unha aldea planificada na Galicia rural”

Infórmase que o vindeiro mércores 11 de decembro, preséntase o libro “ Arquitectura e simbolos de Laxedo. Unha aldea planificada na Galicia rural” do arquitecto Manuel Angel Bugallo Otero e a historiadora Cristina Villaverde Ruibal, estarán presentes os creadores do libro e investigación xunto a Xaime Toxo e Luis Gil Pita.

O evento terá lugar ás 19,00 no Salón de Actos do Edificio Castelao. Museo de Pontevedra, Rúa Padre Amoedo 3.

Presentación do libro “A estación de servizos. Laboratorio de Arquitectura” do arquitecto Alberto Rodríguez Arias

Presentación do libro “A estación de servizos. Laboratorio de Arquitectura” do arquitecto Alberto Rodríguez Arias

O arquitecto lucense Alberto Rodríguez Arias presenta na Delegación do COAG Lugo un libro sobre a historia arquitectónica das gasolineiras en España. A publicación mostra o papel que as estacións de servizos tiveron nas vangardas arquitectónicas da posguerra e recolle un decálogo cos principais edificios, ademais de reivindicar a súa protección. read more…

Ministerio de Hacienda – 35 prazas de arquitecto/a por promoción interna

Concello de Culleredo – Dúas prazas de arquitecto/a

No BOP-A Coruña de 3 de decembro, aparecen publicadas as Convocatoria e bases reguladoras para a provisión en propiedade de dúas prazas de arquitecto/a, da escala de administración especial, .subescala técnica, grupo de titulación A1, nivel 24 funcionario de carreira, polo sistema de concurso-oposición. read more…

Xornadas de Introdución á rehabilitación de estruturas de madeira

Xornadas de Introdución á rehabilitación de estruturas de madeira

Os días 12 e 13 de decembro están programadas dúas xornadas relacionadas coa rehabilitación de estruturas de madeira, organizadas no marco do acordo de colaboración suscrito polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) para promover o coñecemento en materia de construción e rehabilitación con madeira e a divulgación de obras exemplares. Estas xornadas teñen un carácter introdutorio a outras actividades formativas que dende o COAG se están a programar para o ano 2025.

Así, o xoves 12 de decembro, de 16:30 a 20:30, terá lugar unha xornada en liña sobre os fundamentos principais para a rehabilitación de estruturas de madeira, impartida por Manuel C. Touza Vázquez, Dr. Enxeñeiro de Montes e técnico en CIS-Madeira. O programa para esta xornada será o seguinte:

  • Diagnose de patoloxías e opcións de tratamentos en estruturas de madeira.
  • Historia construtiva das especies máis empregadas en Galicia.
  • Técnicas existentes e exemplos de intervención.

O venres 13 de decembro, de 10:30 a 14:00, está programada unha visita ao Museo Massó en Bueu, cuxa ampliación estase a levar a cabo polo estudo  de arquitectura RVR (Alberto Redondo, José Valladares e Marcial Rodríguez). Durante a visita, explicarase in situ a intervención de conservación realizada, centrada fundamentalmente nas cubertas do edificio. O aforo para esta actividade é especialmente limitado e é imprescindible levar casco. Pode consultarse o programa detallado para a mesma na seguinte [+ligazón].

Ambas as actividades son gratuítas, mais por cuestións de aforo é imprescindible a inscrición para cada unha das actividades, que se realizará a través das seguintes ligazóns:

NOTA: A grabación da primeria xornada de Introdución á rehabilitación de estruturas de madeira, celebrada o xoves 12 de decembro, xa se atopa dispoñible na Páxina de gravacións para colexiados (Panel de servizos – Formación- Gravacións de xornadas de asesoramento).

Ministerio de Hacienda – 35 prazas de arquitecto/a por promoción interna

Concello de Ourense – Sete prazas de arquitecto/a

No BOE de 6 de decembro de 2024, aparece o anuncio da Resolución de 28 de novembro de 2024, do Concello de Ourense, referente á convocatoria para proveer varias plazas, entre as que figuran: Tres prazas de Arquitectos/as municipais, pertencentes á escala de...

Oferta de emprego.

Oferta de emprego.

Estudio de arquitectura MMO ARQUITECTOS, S.L.  con sede en A Coruña selecciona arquitecto/a asalariada Funcións a realizar: - Proxectos de edificacións. Requisitos: Arquitecto/a recien titulado. Manexo de BIM (REVIT) Tipo de contrato: Asalariado - 1 ano. Interesados:...

Ministerio de Hacienda – 35 prazas de arquitecto/a por promoción interna

Concello de Culleredo – Dúas prazas de arquitecto/a

No BOP-A Coruña de 3 de decembro, aparecen publicadas as Convocatoria e bases reguladoras para a provisión en propiedade de dúas prazas de arquitecto/a, da escala de administración especial, .subescala técnica, grupo de titulación A1, nivel 24 funcionario de carreira,...