Infórmase que o vindeiro mércores 11 de decembro, preséntase o libro “ Arquitectura e simbolos de Laxedo. Unha aldea planificada na Galicia rural” do arquitecto Manuel Angel Bugallo Otero e a historiadora Cristina Villaverde Ruibal, estarán presentes os creadores do libro e investigación xunto a Xaime Toxo e Luis Gil Pita.
O evento terá lugar ás 19,00 no Salón de Actos do Edificio Castelao. Museo de Pontevedra, Rúa Padre Amoedo 3.