Concello de Culleredo – Dúas prazas de arquitecto/a

4 Dec 2024

No BOP-A Coruña de 3 de decembro, aparecen publicadas as Convocatoria e bases reguladoras para a provisión en propiedade de dúas prazas de arquitecto/a, da escala de administración especial, .subescala técnica, grupo de titulación A1, nivel 24 funcionario de carreira, polo sistema de concurso-oposición.

As solicitudes, ás que se achegará a documentación que se indica nesta base e nas que se declarará o cumprimento das condicións de participación esixidas, serán dirixidas ao Concello de Culleredo e presentaranse preferentemente na sede electrónica do Concello de Culleredo (https://sedeelectronica.culleredo.es/opensiac/action/main?method=enter) durante o prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE), atendendo ao modelo que se adxunta ás presentes bases como Anexo I.

ENLACE AO BOP-A CORUÑA.

Compartir