O xoves 5 de decembro ás 12:00 horas, Isabel de los Ríos e Leticia Ortega explicarannos todos os aspectos importantes que afectan a circularidade na edificación.
A xornada ten como obxectivo proporcionar unha visión integral dos principios da economía circular aplicados ao sector da construción. Os participantes explorarán estratexias para deseñar e xestionar edificacións sostibles, minimizando o impacto ambiental mediante a reutilización, reciclaxe e eficiencia de recursos. Tamén incluirá unha sesión práctica sobre o uso de RE10, unha ferramenta de análise do desmonte e adaptabilidade en proxectos de edificación enmarcada nos principios da circularidade. Ademais, farase referencia a normativas europeas clave, como o Regulamento de Produtos de Construción e o Pacto Verde Europeo, que apuntan á inminente obrigatoriedade de prácticas circulares en España, promovendo criterios de deseño ecolóxico e descarbonización.
Relatores:
Isabel de los Ríos Rupérez e Leticia Ortega Madrigal, Arquitectas do Instituto Valenciano de la Edificación.
Programa:
Parte I: contextualización
– Introdución á circularidade
– Normativa de referencia
– Boas prácticas e casos de éxito
Parte II: práctica
– Uso da ferramenta RE10
Para o seguimento en directo da xornada, é necesaria inscrición na seguinte [+ ligazón]
Colabora