Categoría

Stonegal Summit _ARQ 2025

Stonegal Summit _ARQ 2025

El evento, que tendrá lugar del 3 al 5 de junio, aspira a reunir en el IFEVI de Vigo a más de 150 empresas de una docena de países. Arquitectos, diseñadores, decoradores de interiores, constructores, empresas del sector contract, distribuidores y comercializadores de piedra natural, arquitectos municipales, responsables de planificación urbana y representantes de la administración pública se darán cita en Stonegal.

Con la mirada puesta en el horizonte de la arquitectura sostenible y la belleza eterna de la piedra natural, viviremos un evento enfocado en el diálogo global sobre la sostenibilidad de hoy y la construcción del mañana. El Congreso Stonegal, que se celebrará en junio de 2025, no solo será un punto de encuentro para los profesionales más destacados del sector, sino también un faro de conocimiento e innovación. Juntos exploraremos las profundidades del granito, la versatilidad de la pizarra, la elegancia del mármol y la robustez de la piedra natural, no solo como materiales de construcción, sino como pilares de un futuro más sostenible.

Desde la extracción sostenible hasta la transformación meticulosa, pasando por el comercio internacional responsable, este congreso será un testimonio de la pasión y el compromiso compartidos por preservar nuestro planeta. Las aplicaciones en arquitectura urbana que aquí se debatirán buscarán no solo minimizar la huella de carbono, sino también maximizar la eficiencia y la estética. Enfocado no solo en el conocimiento adquirido, sino también en la inspiración para implementar prácticas más verdes y diseños más innovadores, la piedra natural, con su resistencia y belleza incomparables, seguirá siendo protagonista en nuestras ciudades, nuestros hogares y nuestros corazones.

Más información y programa.

#COAGconta: Ferramentas de IA para a Arquitectura: Creación de Imaxes e Vídeo. Ricardo Orts

#COAGconta: Ferramentas de IA para a Arquitectura: Creación de Imaxes e Vídeo. Ricardo Orts

O mércores 7 de maio ás 12:00 horas, o arquitecto e artista dixital Ricardo Orts vainos achegar ao fascinante mundo da intelixencia artificial aplicada á creación de imaxes e vídeo, nunha charla introdutoria que abre o camiño para un obradoiro práctico presencial co cual coñeceremos novas ferramentas e metodoloxías para aplicar a IA no noso traballo diario.

Esta charla será a introdución dun obradoiro práctico presencial no que nos ensinará en persoa o seguinte:

Obradoiro: Ferramentas de IA para a Arquitectura: Fluxos de Traballo Avanzados para a Creación de Imaxes e Vídeo

  • Introdución ao obradoiro

  • Panorama da IA no mundo da arquitectura

  • Xeración de imaxes con ferramentas como Stable Diffusion, Midjourney e outras

  • Control creativo: axustes finos e personalización de resultados

  • Creación de vídeo con IA (p. ex. Krea.ai)

  • Integración entre modelado 3D e intelixencia artificial

  • Exercicio práctico: Desenvolvemento dunha proposta para un concurso

  •  Ética e limitacións no uso da IA

  • Fluxo de traballo completo: da idea inicial ao proxecto final

  • Conclusións + rolda de preguntas

Ao longo do obradoiro realizaremos exercicios guiados que culminarán nun reto final: crear unha proposta arquitectónica con IA para un concurso.

Sobre Ricardo Orts

Arquitecto e artista dixital, é fundador de Studio Ulises, un estudo recoñecido internacionalmente pola súa innovación creativa. O seu traballo levouno a ser seleccionado pola revista Forbes como un dos 100 mellores creativos para os negocios.

Para seguir a xornada en directo é necesaria a inscrición na seguinte [+ ligazón].

 

Colabora

Curso-taller práctico para a elaboración do IAE e o LEEx [edición actualizada]

Curso-taller práctico para a elaboración do IAE e o LEEx [edición actualizada]

O obxectivo do curso é elaborar, a través dun taller práctico, o Informe de Avaliación de Edificios e o Libro do Edificio existente dun edificio real. O edificio escollido para iso é o edificio Apolo, en Santiago de Compostela. O curso agrupa nun só dous cursos xa desenvoltos en outubro de 2023 sobre o Libro do Edificio Existente e xuño de 2024 sobre o Informe de Avaliación de Edificios. Ademais de reestruturar e actualizar os contidos, desenvolve algunhas materias que non se incluían nos curso anteriores, tales como:

  • Os aspectos prácticos relativos á toma de datos para a elaboración do certificado de eficiencia enerxética [CEE].
  • A tramitación do certificado de eficiencia enerxética [CEE] e a súa incorporación ao IEE/LEEx. Os erros máis habituais e as súas posibles consecuencias.
  • As obrigas que se derivan do IEE e a tramitación, intervención administrativa e actuacións posteriores, cos seus diferentes casuísticas [IEE favorable, desfavorable, ordes de execución, situacións de risco inminente, declaracións de ruína]

Os alumnos que se matricularon no seu momento nalgún dos dous cursos anteriores contarán cunha bonificación adicional neste curso, que lles permitirá acceder á parte que non cursaron e aos contidos actualizados do curso xa realizado.

Prezos de matrícula

O aforo é limitado. As prazas asignaranse por rigorosa orde de matriculación.

Metodoloxía

  • Flexibilidade para o alumno.
  • Enfoque práctico.
  • Certificado de aproveitamento.
  • O curso desenvólvese en modalidade integramente on line, utilizando como soporte a plataforma de formación en liña do COAG (moodle.coag.es). Esta plataforma será o medio a través do que se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán.

Aforo e prazos de matrícula:

O aforo é limitado.

  • Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o mércores 07/05/2025 a as 12:00 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
  • Todas as modalidades: desde as 12:00 h do mércores 07/05/202 ata as 23:59h do luns 12/05/2025 ou ata esgotarse as prazas dispoñibles. O acceso ao curso en moodle.coag.es abrirase ao longo da mañá do martes 13 de maio, Comunicarase aos matriculados como acceder tanto á plataforma como aos seminarios web.

Programa completo e matrícula:

No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explican as actividades que integran o curso e o seu temporización e modalidades de seguimento, así como os requisitos para a obtención do certificado de aproveitamento do curso.

[+ matriculación e programa completo do curso]

Peche da Delegación de Lugo o o luns 5 de maio

Peche da Delegación de Lugo o o luns 5 de maio

Infórmase que, por motivos de organización interna, a Delegación de Lugo permanecerá pechada o vindeiro luns 5 de maio. Lamentamos as molestias que esta circunstancia poda causar.

Peche da Delegación de Ferrol o venres 2 de maio

Peche da Delegación de Ferrol o venres 2 de maio

Infórmase que, debido a causas de organización interna, as oficinas da Delegación en Ferrol permanecerán pechadas o vindeiro venres 2 de maio. Lamentamos as molestias que esta circunstancia poidan causar.

Conferencia de Álvaro Sevilla-Buitrago

Conferencia de Álvaro Sevilla-Buitrago

O mércores 14 de maio, ás 19:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a conferencia: O urbanismo contra o común: políticas espaciais e descolectivización na historia do capitalismo que será impartida polo arquitecto Álvaro Sevilla-Buitrago, Catedrático de Urbanismo na ETSA de Arquitectura de Madrid.

read more…

Convocatoria 2025 do Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas

Convocatoria 2025 do Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas

No DOG do 29 de abril, aparece a RESOLUCIÓN do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 22 de abril de 2025 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea Next Generation, para o ano 2025, con carácter plurianual (código de procedemento VI406E).

read more…

Convocatoria 2025 do Programa de axudas para a promoción de vivenda accesible

Convocatoria 2025 do Programa de axudas para a promoción de vivenda accesible

No DOG do 29 de abril, aparece a RESOLUCIÓN do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 22 de abril de 2025 pola que se convoca o Programa de axudas para a promoción de vivenda accesible, para o ano 2025 (código de procedemento VI435D).

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e a convocatoria 2025 para as dúas seguintes modalidades:

– Modalidade A: promoción de vivendas e outras modalidades residenciais tipo cohousing, vivendas interxeneracionais ou similares, de nova construción ou procedentes da rehabilitación, que se vaian destinar ao alugueiro ou cesión en uso.

– Modalidade B: promoción de vivendas protexidas de nova construción ou procedentes da rehabilitación dirixidas á compravenda.

Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas privadas que teñan no seu obxecto social a promoción de vivendas de nova construción ou procedentes da rehabilitación e as cooperativas de vivendas en réxime de autopromoción ou autoconstrución, que cumpran os requisitos previstos nas bases reguladoras.

Entre outros, as vivendas e as promocións deberán cumprir estes requisitos:

  • Deberán cumprir a normativa de habitabilidade de vivendas de Galicia.
  • Deberán cumprir coa normativa de accesibilidade.
  • Deberán ter unha calificación enerxética mínima A, tanto en emisións de CO2 como en consumo de enerxía primaria non renovable.

 

Convocatoria: Resolución de 22 de abril
Páxina de información do IGVS: Página web
Sede electrónica para solicitar a axuda: Sede

Stonegal Summit _ARQ 2025

Stonegal Summit _ARQ 2025

El evento, que tendrá lugar del 3 al 5 de junio, aspira a reunir en el IFEVI de Vigo a más de 150 empresas de una docena de países. Arquitectos, diseñadores, decoradores de interiores, constructores, empresas del sector contract, distribuidores y comercializadores de...

Convocatoria 2025 do Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas

Convocatoria 2025 do Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas

No DOG do 29 de abril, aparece a RESOLUCIÓN do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 22 de abril de 2025 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas do Plan de recuperación, transformación e resiliencia...

Convocatoria 2025 do Programa de axudas para a promoción de vivenda accesible

Convocatoria 2025 do Programa de axudas para a promoción de vivenda accesible

No DOG do 29 de abril, aparece a RESOLUCIÓN do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 22 de abril de 2025 pola que se convoca o Programa de axudas para a promoción de vivenda accesible, para o ano 2025 (código de procedemento VI435D). Esta resolución ten por obxecto...