O mércores 7 de maio ás 12:00 horas, o arquitecto e artista dixital Ricardo Orts vainos achegar ao fascinante mundo da intelixencia artificial aplicada á creación de imaxes e vídeo, nunha charla introdutoria que abre o camiño para un obradoiro práctico presencial co cual coñeceremos novas ferramentas e metodoloxías para aplicar a IA no noso traballo diario.
Esta charla será a introdución dun obradoiro práctico presencial no que nos ensinará en persoa o seguinte:
Obradoiro: Ferramentas de IA para a Arquitectura: Fluxos de Traballo Avanzados para a Creación de Imaxes e Vídeo
-
Introdución ao obradoiro
-
Panorama da IA no mundo da arquitectura
-
Xeración de imaxes con ferramentas como Stable Diffusion, Midjourney e outras
-
Control creativo: axustes finos e personalización de resultados
-
Creación de vídeo con IA (p. ex. Krea.ai)
-
Integración entre modelado 3D e intelixencia artificial
-
Exercicio práctico: Desenvolvemento dunha proposta para un concurso
-
Ética e limitacións no uso da IA
-
Fluxo de traballo completo: da idea inicial ao proxecto final
-
Conclusións + rolda de preguntas
Ao longo do obradoiro realizaremos exercicios guiados que culminarán nun reto final: crear unha proposta arquitectónica con IA para un concurso.
Sobre Ricardo Orts
Arquitecto e artista dixital, é fundador de Studio Ulises, un estudo recoñecido internacionalmente pola súa innovación creativa. O seu traballo levouno a ser seleccionado pola revista Forbes como un dos 100 mellores creativos para os negocios.
Para seguir a xornada en directo é necesaria a inscrición na seguinte [+ ligazón].
Colabora