No DOG do 29 de abril, aparece a RESOLUCIÓN do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 22 de abril de 2025 pola que se convoca o Programa de axudas para a promoción de vivenda accesible, para o ano 2025 (código de procedemento VI435D).
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e a convocatoria 2025 para as dúas seguintes modalidades:
– Modalidade A: promoción de vivendas e outras modalidades residenciais tipo cohousing, vivendas interxeneracionais ou similares, de nova construción ou procedentes da rehabilitación, que se vaian destinar ao alugueiro ou cesión en uso.
– Modalidade B: promoción de vivendas protexidas de nova construción ou procedentes da rehabilitación dirixidas á compravenda.
Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas privadas que teñan no seu obxecto social a promoción de vivendas de nova construción ou procedentes da rehabilitación e as cooperativas de vivendas en réxime de autopromoción ou autoconstrución, que cumpran os requisitos previstos nas bases reguladoras.
Entre outros, as vivendas e as promocións deberán cumprir estes requisitos:
- Deberán cumprir a normativa de habitabilidade de vivendas de Galicia.
- Deberán cumprir coa normativa de accesibilidade.
- Deberán ter unha calificación enerxética mínima A, tanto en emisións de CO2 como en consumo de enerxía primaria non renovable.
Convocatoria: Resolución de 22 de abril
Páxina de información do IGVS: Página web
Sede electrónica para solicitar a axuda: Sede