Gravación #COAGconta: Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas para 2025

30 Abr 2025

O martes 6 de maio, de 12:00 a 13:00 horas, o COAG celebrará unha xornada de asesoramento en formato en liña sobre o Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas, cuxa convocatoria se publicou no DOG o pasado martes 29 de abril.

Durante esta xornada, expoñeremos os requisitos que deben cumprir os beneficiarios, os edificios e as actuacións, os custos subvencionables e cuestións relacionadas coa tramitación desta liña de axudas.

[máis información sobre esta convocatoria]

Para o seguimento en directo desta xornada, é necesaria inscrición na seguinte [+ ligazón]


 

Bases reguladoras:  Real Decreto 853/2021
Convocatoria: Resolución de 22 de abril
Página de información del Ministerio: Página web
Página de información del IGVS: Página web
Sede electrónica para solicitar la ayuda: Sede
Guía de las ayudas para rehabilitación energética: Guía para las ayudas
Consultas sobre ayudas a la rehabilitación: Realizar consulta
Consultas técnicas sobre eficiencia energética: Realizar consulta

Consultas sobre tramitación de las ayudas:
Oficina de Rehabilitación de Vivienda de la Xunta: 881 045 897
Correo-e de consultas: rehabilitacionenerxetica@xunta.gal

 

 

Compartir