Categoría
Aberta a matrícula no curso de Contratación Pública de Traballos de Arquitectura COAG EGAP
Onte, martes día 9 de setembro publicouse no DOG a convocatoria oficial do Contratación Pública de Traballos de Arquitectura, que se desenvolverá no marco de colaboración subscrito entre o COAG e a EGAP [+ enlace á convocatoria].
En base a dita convocatoria, dende as 9:00h de hoxe xoves, día 10 de setembro, está aberto o prazo de matrícula neste curso. A matrícula permanecerá aberta ata as 23.59 horas do día 20 de setembro ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
Lembrámosvos que o curso, que se desenvolverá en formato presencial entre o 23 de setembro e o 21 de outubro, ten como obxectivo facilitar ao alumnado os coñecementos necesarios para poder abordar con solvencia todos os procesos relacionados coa contratación pública de traballos de arquitectura. Para iso, contando coa intervención de profesionais que son referencia en cada unha das materias abordadas:
- analizarase o marco legal polo que se rexe a contratación pública e a súa aplicación específica á contratación deste tipo de traballos.
- analizaranse de xeito completo e pormenorizada todos os procesos implicados na contratación pública de obras de arquitectura, desde os métodos de contratación ata o proxecto finalizado.
- abordaranse as posibles estratexias de contratación para as Administracións, a elaboración dos pregos técnicos e administrativos, os modelos de concursos, os custos, tanto da construción como da elaboración dos trabajos obxecto do contrato, as principais problemáticas asociadas á licitación da obra e tamén todo o proceso de execución, ata a súa completa finalización e recepción pola Administración.
- á análise dalgúns casos de éxito de contratación pública de traballos de arquitectura. Neste contexto, presentaremos a ferramenta informática PAUTA, desenvolta polo COAG para facilitar a convocatoria de concursos de arquitectura ao amparo da Ley de Calidad de la Arquitectura.
No seguinte enlace pode consultarse a programación do curso, contidos detallados, horarios e relatores. A programación final podería ser obxecto de pequenos axustes: [+ enlace ao programa]
Datas e lugar de celebración:
O curso desenvolverase íntegramente en formato presencial, nas aulas da EGAP [rúa Madrid, 2-4, polígono de Fontiñas, Santiago de Compostela]. No programa indícanse as datas e o horario previsto para cada unha das xornadas. Terá unha duración de 33 horas que se distribuirán a razón de seis horas e media por semana, ordinariamente os mércores de 10:00 h a 14:30 h e de 16:00 h a 20:00 h.
Matriculación:
Os colexiados COAG e as matrículas ordinarias poden formalizar a matrícula no seguinte [+enlace]
Os empregados públicos poden formalizar a matrícula no seguinte [+enlace]
Os importes de matrícula son os seguintes:
- Matrícula ordinaria: 100 euros
- Arquitectos colexiados no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia: 75 euros
- Arquitectos colexiados no COAG subscritos a formación e concursos: 50 euros
- Empregados públicos (arquitectos das AAPP e secretarios-interventores da AALL): 50 euros
(*) Os colexiados que non vos atopedes subscritos ao servizo de formación en 2026, podedes solicitar a subscrición (nova consulta) no seguinte enlace.
Máis información e consultas:
Para formular consultas ao respecto deste curso, podes dirixirte a nós a través de:
- Colexiados: a través do panel de servizos do COAG, no apartado Realizar consultas da sección de Formación [+ enlace]
- Non colexiados: a través do enderezo de correo electrónico formacion@colexiodearquitectos.org
Recoñecementos oficiais:
O curso está homologado pola Escola Galega de Administración Pública.
Advertencia:
A celebración do curso está condicionada a que se alcance o número mínimo de alumnos matriculados para a viabilidade do mesmo. En caso contrario, comunicarase a cancelación do curso e o COAG procederá á devolución dos importes abonados.
Regulamento das condicións básicas de accesibilidade cognitiva
Concello de Pontevedra – Unha praza de Arquitecto/a
No BOE de 9 de setembro publícase a convocatoria do Concello de Pontevedra de varias prazas, entre as que figura unha praza de Arquitecto/a, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Técnica e clase Superior, polo sistema de oposición, en turno libre. read more…
O Museo do Pobo Galego acolle a xornada aberta “Amizade en torno a Baltar” o vindeiro 8 de setembro
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) convida a toda a cidadanía a participar na xornada “Amizade en torno a Baltar”, que se celebrará o vindeiro 8 de setembro no Salón de Actos do Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela. read more…
Conferencia de Salgado e Liñares: 25 anos – 25 proxectos
O mércores 23 de setembro, ás 19:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a conferencia: Salgado e Liñares: 25 anos – 25 proxectos que será impartida polos arquitectos Alfonso Salgado e Francisco Liñares, do estudio Salgado e Liñares. read more…
Conferencia Ameneiros Rey – Ciclo Próximos 2026 16 de setembro
Dende a delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos comprácenos anunciar, tras o período estival, o terceiro relatorio do ciclo Próximos 2026, que terá lugar o vindeiro mércores 16 de setembro. Este ciclo, que celebra a súa VI edición, pretende dar a coñecer traballos arquitectónicos próximos á nosa delegación, ben polo emprazamento das obras, estudos ou ben polo contexto que os envolve.
Nesta ocasión, os protagonistas serán os integrantes do estudo Ameneiros Rey, que nos acompañarán nun percorrido polos seus traballos profesionais realizados en Galicia ao longo dos últimos anos. read more…
Curso General de Espacio Público
La entidad Ciudades que Caminan nos anuncia la celebración de este curso para reflexionar y aprender sobre cuestiones teóricas y prácticas relacionadas con el espacio público aplicando una óptica interdisciplinar desde los ámbitos de la planificación urbanística, el diseño urbano, la movilidad, el campo jurídico, el paisajismo, la salud, la comunicación o la sociología, especialidades que confluyen en los objetivos de revitalización y calidad del espacio público. read more…
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados no mes de agosto de 2026
#COAGconta: Eficiencia enerxética. Introducción de bombas de calor con datos reais.
O próximo 17 de setembro, por razóns organizativas nesta ocasión xoves en lugar dos mércores habituais, ás 12:00 horas, Juan Manuel Ferreiro Oliva e Rafael Fernández Vale, arquitectos do servizo de asesoramento en materia de aforro de enerxía e rehabilitación enerxética do COAG, exporán como se poden introducir bombas de calor sustituíndo as curvas por defecto do programa por equipos reais en uso de calefacción/frío e ACS.
Informe sobre as axudas á vivenda Actualizado 01 | 09 | 26
Actualizado 01 | 09 | 26 | Tanto á luz dos fondos Next Generation, como de moitos outros tipos de programas de impulso á rehabilitación, as administracións públicas están a lanzar numerosas convocatorias de axudas e subvencións para a posta a punto dos nosos edificios de vivendas. Este informe pretende recoller todas aquelas de especial interese para o traballo do arquitecto e os usuarios finais.
Pinche aquí
Aberta a matrícula no curso de Contratación Pública de Traballos de Arquitectura COAG EGAP
Onte, martes día 9 de setembro publicouse no DOG a convocatoria oficial do Contratación Pública de Traballos de Arquitectura, que se desenvolverá no marco de colaboración subscrito entre o COAG e a EGAP [+ enlace á convocatoria]. En base a dita convocatoria, dende as...
Regulamento das condicións básicas de accesibilidade cognitiva
No BOE de 3 de setembro de 2026, publicouse o Real Decreto 707/2026, do 2 de setembro, polo que se aproba o Regulamento de condicións básicas de accesibilidade cognitiva. Esta norma establece os requisitos mínimos de seguridade, orientación e comprensión na contorna...
Concello de Pontevedra – Unha praza de Arquitecto/a
No BOE de 9 de setembro publícase a convocatoria do Concello de Pontevedra de varias prazas, entre as que figura unha praza de Arquitecto/a, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Técnica e clase Superior, polo sistema de oposición, en turno libre....
O Museo do Pobo Galego acolle a xornada aberta “Amizade en torno a Baltar” o vindeiro 8 de setembro
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) convida a toda a cidadanía a participar na xornada "Amizade en torno a Baltar", que se celebrará o vindeiro 8 de setembro no Salón de Actos do Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela. Esta cita inscríbese no...
Conferencia de Salgado e Liñares: 25 anos – 25 proxectos
O mércores 23 de setembro, ás 19:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a conferencia: Salgado e Liñares: 25 anos – 25 proxectos que será impartida polos arquitectos Alfonso Salgado e Francisco Liñares, do estudio...
Conferencia Ameneiros Rey – Ciclo Próximos 2026 16 de setembro
Dende a delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos comprácenos anunciar, tras o período estival, o terceiro relatorio do ciclo Próximos 2026, que terá lugar o vindeiro mércores 16 de setembro. Este ciclo, que celebra a súa VI edición, pretende dar a...
Curso General de Espacio Público
La entidad Ciudades que Caminan nos anuncia la celebración de este curso para reflexionar y aprender sobre cuestiones teóricas y prácticas relacionadas con el espacio público aplicando una óptica interdisciplinar desde los ámbitos de la planificación urbanística, el...
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados no mes de agosto de 2026
No apartado Boletíns de normativa da web colexial, pódese acceder á Normativa e acordos de interese publicados no mes de agosto de 2026 no D.O. Galicia, B.O.E, D.O.CC.EE, e nos catro BOP's provinciais, así como en trámite de avaliacións ambientais estratéxicas...
#COAGconta: Eficiencia enerxética. Introducción de bombas de calor con datos reais.
O próximo 17 de setembro, por razóns organizativas nesta ocasión xoves en lugar dos mércores habituais, ás 12:00 horas, Juan Manuel Ferreiro Oliva e Rafael Fernández Vale, arquitectos do servizo de asesoramento en materia de aforro de enerxía e rehabilitación...
Informe sobre as axudas á vivenda Actualizado 01 | 09 | 26
Actualizado 01 | 09 | 26 | Tanto á luz dos fondos Next Generation, como de moitos outros tipos de programas de impulso á rehabilitación, as administracións públicas están a lanzar numerosas convocatorias de axudas e subvencións para a posta a punto dos nosos edificios...